Ola.

Ao meld xa lle botei un ollo eu. Non é moi grande e como o emprego moito, nun 
arrebato destes (que teña tempo) poñome con el. Pero a día de hoxe non podo. 
Aínda temos o virtualBox entre mans.

Que se anime alguen, senon cando poida xa o fago eu.

Unha aperta.

----- Mensaje original -----
De: "Leandro Regueiro" <leandro.regueiro en gmail.com>
Para: g11n en mancomun.org
Enviados: Martes, 31 de Marzo 2009 13:26:00 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / 
Berna / Roma / Estocolmo / Viena
Asunto: Re: [G11n] que traducimos no obradoiro da xgn?

>> O perfecto seria un editor de texto gráfico libre cunhas duascentas ou
>> trescentas cadeas, pero polo visto ningún dos candidatos está sen
>> traducir ou usa Gettext...

Respondendo a todos. Gobby estaria ben, igual ten poucas cadeas, pero
como é para comezar... quizais se escollemos outro para os "lanzados"
xa temos a papeleta solucionada.

Respecto ó da xente que traduce por libre, se poden que se acheguen á
XGN, xa que conto de que nos xuntemos varios tradutores e poidamos
falar da situación do tema da tradución. Polo de agora podo dicir que
iso do censo de traducións (máis que de tradutores) non se pode ter
nunha wiki, hai que actualizalo periodicamente, debe estar
centralizado, e debe publicitarse para que a xente se apunte. É que
vexo que traduciron ata o Nsis... e nós sen sabelo.

Polo que vexo moitos dos programas que se están traducindo ultimamente
non usan gettext, pero como teño a teima de montar unha base de datos
de traducións estilo open-tran con toda canta tradución pillemos por
diante, pois haberia que ver de intentar converter a outro formato,
por exemplo TMX, por iso de reaproveitar, ainda que non hai importador
para TMX no open-tran sempre podo escribir un.

O eclipse ou o netbeans non son para traducir nun obradoiro de
iniciación, pero si seria interesante traducilos se é que se pode, xa
que a última vez que mirei o netbeans non se podia traducir. E supoño
que terán moito que traducir, pero esas traducións hai que tomalas con
calma, ou pensades que o KDE se traduciu todiño en tres meses?

ARGO UML ou gvSIG son máis interesantes para o ámbito das
universidades, penso eu. En cambio o Meld si que me interesa. De feito
non me dera conta de que nos extras de Gnome houbera tanto sen
traducir. Se aparece algún interesado alí xa teño a onde envialo de
cabeza :) O Meld entra na lista de posibles entón.

Si, editores haichos a patadas, pero ou non se poden traducir, ou usan
formatos esotéricos ou poucos cómodos coma .ini ou .lng...

Ata logo,
                         Leandro Regueiro
_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a