> ++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
> Standalone accepts only yes or no.
> No Open-Tran.eu para KDE dáme:
> O senlleiro so acepta si ou non. (Non sei que é iso de senlleiro, eu 
> standalone
> entendo como autónomo, independente, en local, fóra de liña, pero senlleiro 
> non
> sei o que é).
> Suxerencias:

Aquí miraría a que demo se refire con standalone, pero unha posible
tradución sería "independente".

É suxestións por certo.

> ++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
> %1 is an invalid PUBLIC identifier.
> A dúbida aquí ven por dous lados.
> Eu soio traducir como: %1 é un identificador PUBLIC non válido.
> Pero podería ser: O identificador PUBLIC %1 non é válido.
> Seguro que é cuestión de estilo, pero cal sería o máis idóneo.
>
> E nesta mesma cadea, aparece PUBLIC. Eu non estou traducindo, porque pode
> ser que se refira a algunha cousa da linguaxe de programación, como declarar 
> as
> variables publicas, privadas, ... , pero bueno, cando se probe a tradución,
> comprobarase se está ben.

Supoño que PUBLIC non se pode traducir, que será un valor dunha
variable ou algo así, porque senón non che entendo a razón para poñelo
en maiúscula. Eu usaría "incorrecto". "Inválido" é incorrecto, e
moitas veces me avisaron cando comecei a traducir.

> +++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
> Reference to unparsed entity '%1'.
> A tradución que lle poño eu é ista, pero teño dúbidas.
> Referencia a entidade '%1' non procesada.
> Buscando por ahí, a palabra unparsed, so atopei traducida no cluvi, e 
> traducena > como non procesada, que me parece correcto.
> Suxerencias:

Referencia á entidade non analizada '%1'. Non procesada non estaría
mal, de tódolos xeitos. Cando haxa dúbidas desta caste quitádelle o
"un" de diante e buscade o resto, así seguro que aparecen máis
resultados.

> +++++++++++++++++++++++++++++++++++++
> Opening and ending tag mismatch.
> No Open-Tran.eu, di que tag mismatch, traduce como desemparellamento de
> etiqueta. Co que deducindo, creo que se refire:
> As etiquetas de apertura e fin están desemparelladas.
> As etiquetas de apertura e fin non están emparelladas. (Gustame máis esta).
> Que me suxerides:

As etiquetas do comezo e do peche non coinciden. Non concordan tamén
valeria, creo eu. As dúas opcións que das ti tamén valerían. Usa a
segunda se che gusta máis xa que é preferible ter contentos ós
tradutores :)

> +++++++++++++++++++++++++++++++++++++
> XML declaration not at start of document.
> Falta a delcaración XML no comezo do documento.
> Suxerencia:

A declaración de XML non está no comezo do documento, por exemplo. A
túa tamén pode valer, corrixindo o erro, claro.

> ++++++++++++++++++++++++++++++++++++
> Invalid processing instruction name.
> %1 is an invalid processing instruction name.
> Reference to external entity '%1' in attribute value.
> Invalid character reference.
> The standalone pseudo attribute must appear after the encoding.
> NDATA in parameter entity declaration

Nome incorrecto da instrucción de procesamento.
%1 é un nome incorrecto para a instrucción de procesamento.
Referencia á entidade externa '%1' no valor do atributo.
Referencia incorrecta a caracter.
O pseudo atributo independente debe estar despois da codificación.
NDATA na declaración da entidade parámetro.


Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a