O Tuesday 05 de August de 2008, Leandro Regueiro escribiu:
> o próximo tradutor que apareza para Xfce, a
> GNOME xa lle tocará despois :)

Falando hai unhas semanas cun profesor da Facultade de Tradución de
Vigo propúxome estudiar a posibilidade de ofrecer aos alumnos a
realización dos créditos de "prácticas en empresas" da carreira
traducindo SL. O problema é, claro está, que Trasno non é unha
empresa, pero se cadra valería no caso de que se dise de alta como
asociación.

Descoñezo a normativa das prácticas na Universidade (poderíase
averiguar, e pode mesmo que cada Universidade teña a súa propia, non o
sei), pero si sei que os alumnos dos ciclos superiores de FP poden
cubrir os créditos de prácticas nunha asociación, por exemplo.

A proposta non está libre de problemas: o periodo de adaptación pode
mesmo exceder o periodo de prácticas, non é de agardar que haxa grandes
avalanchas de candidatos, e a aparición de moita xente traballando a
curto prazo (por contraposición a poucos traballando a longo) pode ser
un factor distorsionante... que se debería poder moderar co uso de
memorias/compendios, glosarios, manuais de estilo, a propia lista...

En fin, cando menos penso que é unha opción a considerar, sobre todo
habendo xente favorábel dentro da propia Facultade de Tradución.

Saúdos,
-- 
Susana Sotelo Docio                         http://gramatica.usc.es/~sdocio
Linux User #96506                                          gpg-id: 0E9BEDA4

"Only after the last tree has been cut, only after the last river has
been poisoned, only after the last fish has been fished, only then you will
discover that money can not be eaten." -- Evelyn Waugh

Responderlle a