Pois non, non probei a última de KDE. Xa digo que o único bo que lle
vin a KDE é que está moi traballado no do aspecto gráfico, claro que
tedes a dous ou tres deseñadores profesionais atados con cadeas
nalgures e así calquera...

Sobre o de que os tradutores de KDE traballen noutros sitios,
pregúntome en que idioma tes ti a susa :)

>> Volvendo ó tema dos novos tradutores, se todo vai ben e este ano hai
>> xornadas para alumnos noveis (ou non tan noveis), darei unha charla
>> sobre Trasno á que Iván está invitado e para a que Marce vai elaborar
>> o material (os seus grandes comentarios quedarán caralludos na
>> presentación).
>
> LOl, si, os ácedos comentarios de Marce poden quedar bem.

Si, só que teriamos que poñer alí a alguén ca suficiente faciana para
soltalos :)

> Suso falaba de cando nos viña ben. se a última quincena de Sept; así q ide
> pensando. Eu prometo mirarme con máis calma o Lokalize para q me preguntedes o
> que queirades. Eu agradecería de bo grao info de memorias de traducíón en
> detalles, e toda a chicha interna dos sistemas de tradución online (Pootle,
> rosseta...)

A min resumos de todo isto parecenme interesantes, xa que así
aforrádesme o traballo de telo que mirar pola miña conta :) Por máis
que porfiedes en que me pase a KDE, se cambio de programa será ó
gtranslator se é que Nacho e mailos outros desenvolvedores conseguen
sacar algún día unha versión estable que non teña que instalar
compilando a pelo.

Respecto do tema das prácticas e créditos de libre, o da asociación
habería que miralo, alguén ten idea de que hai que facer para
constituirse e que hai que facer para manterse?? Haberia que mirar
normativas das universidades sobre o tema este, eu non teño nin idea
de por onde comezar, pero agora non é que me sobre o tempo para buscar
e ler. Respecto ós créditos de libre, se non fora con prácticas en
empresas, ou algún tipo de choio de mancomún, poderiamos mirar de dar
nós algún tipo de obradoiro ou algo así (se fora posible e houbera
xente disposta). Os dos ciclos de FP fan as prácticas onde poden,
moitas veces onde lles mandan (como desgraciadamente me pasou a min).

Respecto do tema de distorsión, é certo, pero se o seu traballo remata
en memorias de tradución, ou traducen cousas que non cambian a miúdo,
as traducións manteranse durante moito tempo, e poderase dicir que
realmente fixeron algo útil. Creo que a documentación cambia máis
lentamente, e agora que estamos a ver se nos poñemos con ela penso que
poderia ser boa idea metelos a traballar aí, se realmente todo isto
vai para adiante. Se mandades ós novos a KDE ou Gnome que será dos
demais proxectos?

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a