>> Sobre o de que os tradutores de KDE traballen noutros sitios,
>> pregúntome en que idioma tes ti a susa :)
>
> en_GB. Si, debería de estar en galego, pero non dou para poñerme con ela: creo
> que non está nos repos a tradución que fostes facendo (creo que exixen un
> mínimo)

Home, en tódalas distros hai un mínimo, non sei en debian. En Mandriva
creo que era o 90% para que o inclúan nas publicacións oficiais, ainda
que nos repos está todo. En openSuse estabamos por debaixo do 40% e
non creo que subira ela soa, pero en todo caso é moi pouco. O problema
de openSuse é que teñen unha chea de cadeas, e ainda peor, cadeas
repetidas. Estaban falando agora mesmo de que hai cadeas que aparecen
en dous sitios á vez, cando en realidade eu lembro telas visto como
mínimo en tres...

>> > Suso falaba de cando nos viña ben. se a última quincena de Sept; así q
>> > ide pensando. Eu prometo mirarme con máis calma o Lokalize para q me
>> > preguntedes o que queirades. Eu agradecería de bo grao info de memorias
>> > de traducíón en detalles, e toda a chicha interna dos sistemas de
>> > tradución online (Pootle, rosseta...)
>>
>> A min resumos de todo isto parecenme interesantes, xa que así
>> aforrádesme o traballo de telo que mirar pola miña conta :) Por máis
>> que porfiedes en que me pase a KDE, se cambio de programa será ó
>> gtranslator se é que Nacho e mailos outros desenvolvedores conseguen
>> sacar algún día unha versión estable que non teña que instalar
>> compilando a pelo.
>
> eu quixen instlar gtranslator e si, tmpouco me fai compilalo. Pero usando
> gnome, é evidente que é millor non usar Lokalize.  Agora que o interesante do
> lokalize é que está dispoñible para windows (xa!) e podería ser recomendable
> para xente que queira traducir sobre Ghüíndous (q non sei xq, pero pasa, hai
> xente que usa Win ;) ). Que, a todo isto, que usas agora mesmo para traducir?

Eu uso Poedit. Hai máis dun ano que non teño Windows no meu portátil.

>> Respecto do tema das prácticas e créditos de libre, o da asociación
>> habería que miralo, alguén ten idea de que hai que facer para
>> constituirse e que hai que facer para manterse??
>
> Inscribirse no rexistro de asociacións da xunta, elaborar un estatuto, nomear
> un presidente, un vogal e un tesoureiro e, creo, facer a declaración cada 3
> meses.

E hai que reunirse ou algo así, cada x tempo? Por declaración que
queres dicir? O vogal para que demo serve? Haberiase que reunir tres
ou catro para falar disto en persoa que sempre é máis rápido e mellor.

>> Haberia que mirar
>> normativas das universidades sobre o tema este, eu non teño nin idea
>> de por onde comezar, pero agora non é que me sobre o tempo para buscar
>> e ler.
>
> Compete a cada universidade. A empresa tense que dirixir á Uni e logo esta
> ofrece un plazo de incripción para "praciticas de empresa", logo cada
> departamento de facultade asigna que persona a que posto que a Uni poida ter.
> +-.

Eu non estaba falando de prácticas en empresa, estaba falando de dar
cursiños coma os dunha semana que dan no edificio de investigación de
aquí ó lado, diante de económicas. Por cada cursiño deses dan un
crédito de libre, e hai que ir alí ás clases. Con dicirche que dan
cursiños de photoshop, creación de páxinas web, e cousas así, non creo
que haxa problema por chantar un cursiño de tradución de SL. O caso é
que haxa alguén de Trasno disposto a queimar as cellas alí, e que na
uni acepten que enviemos a alguén Trasno para ocuparse do choio.

>> Respecto ós créditos de libre, se non fora con prácticas en
>> empresas, ou algún tipo de choio de mancomún, poderiamos mirar de dar
>> nós algún tipo de obradoiro ou algo así (se fora posible e houbera
>> xente disposta).
>
> Si, poderiamos contactar cos grupos de Linux e falarlles disto. Eu o máis
> cerca é o de Ordes e poderia poñerme en contacto con eles para organizar algo.
> Tamén hai os d'A Coruña... A min non me importa facer  cousas destas de cando
> en cando.

Eu no referente a obradoiro falaba de obradoiro para os créditos de
libre, ou sexa, un cursiño deses. Ainda que un obradoiro nunhas
xornadas organizadas por un grupo de usuarios non estaria mal. A min
tampouco me importaria facelo, o que me custa é poñerme a elo :)

>> Os dos ciclos de FP fan as prácticas onde poden,
>> moitas veces onde lles mandan (como desgraciadamente me pasou a min).
>>
>> Respecto do tema de distorsión, é certo, pero se o seu traballo remata
>> en memorias de tradución, ou traducen cousas que non cambian a miúdo,
>> as traducións manteranse durante moito tempo, e poderase dicir que
>> realmente fixeron algo útil. Creo que a documentación cambia máis
>> lentamente, e agora que estamos a ver se nos poñemos con ela penso que
>> poderia ser boa idea metelos a traballar aí, se realmente todo isto
>> vai para adiante. Se mandades ós novos a KDE ou Gnome que será dos
>> demais proxectos?
>
> Eu creo que inda hai choio nas interfaces xq requiren dun mantemento periodico
> e constante. Tampouco creo que a documentación sexa pra novatos. Creo que
> antes da documentación viria conseguir un sistema completo (=2 ou 3 das
> mellores distros ó 100% + KDE/Gnome 100%). Nas distros, pareceme que
> deberíamos centrarnos en debian (alguén vai facer debian?), ubuntu (por
> aclamación popular), fedora e opensuse.

Umm, estou de acordo contigo, pero se chegamos a ter o 100% mantelo
vai custar un ollo e parte do outro. Debian vexoo factible, e alguén
terá que collelo agora que se nos vai Jacobo. Eu teño pensado pasarme
definitivamente a Debian a comezos do novo curso e se non hai problema
estaria disposto a poñerme.

openSuse require moito traballo de desbrozamento ainda, pero calculo
que se chegamos ó 100% non custará máis dun mes de traballo tódolos
anos mantelo aí. Fedora véxoo chungo, hai que desbrozar moito tamén,
pero a diferencia de openSuse ninguén se da posto a elo. Hai ou habia
un mozo que queria meterlle man, pero non sei como está iso agora
mesmo. Ubuntu a verdade é que non sei nin a que porcentaxe está, a
diferencia entre o que é Ubuntu e o que non é, é moi difusa, en todo
caso creo que levan moito feito e tampouco deberia custar moito
traballo.

KDE estades a elo e penso que o ides conseguir, pero como xa dixen, se
quitamos tradutores de aí a cousa igual baixa. Gnome está moi arriba
pero na parte extra a cousa pinta moi mal, se lembro ben. Xfce seria
factible telo ó 100% cun único tradutor traballando de cando en vez,
pero antes hai que chegar ó 100%, pero tamén é certo que non é un
ambiente de escritorio moi usado.

A min gustariame poñerme a isto e a aquelo, pero con tantas cousas que
teño xa nas mans, case me estou volvendo tolo atendendo isto e mailo
outro. Pensei en desfacerme de Mandriva, xa que despois de todo non é
unha distro moi usada, e igual atopo alguén disposto a coller a
tradución e seguir, e tamén pensei en pasar de Fedora. En Trasno hai
xente usando debian, opensuse e ubuntu, e non é por nada pero
preferiria centrarme nas distros que máis nos beneficia ter traducidas
ós trasnegos, xa que non nos pagan polo menos beneficiarnos dalgún
xeito :)

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a