Súmome á benvida!

Sempre anima que aparece xente nova, e se van coa túa preparación, mellor
que mellor :)


2013/10/30 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2013/10/30 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> > Benvida Maria - e aos que se asoman e aínda non falan ;-)
> >
> > Aproveitando o teu correo de presentación na comunidade, co que
> > resulta evidente que tes un perfil máis ca sobrado para afrontar a
> > localización de software ao galego :-) e podes ser un valioso membro
> > dela; digo, gustaríame dicir que ademais de traducir, para formar
> > parte da comunidade Trasno é tamén vital axudar a mellorar á propia
> > comunidade porque se basea na idea de colaborar, apoiarnos mutuamente,
> > compartir a bagaxe de coñecemento que ten cada un, para enriquecernos
> > todos ou facilitar a participación de novos tradutores galegos de
> > software.
> >
> > Ao mellor non o dicimos tanto como deberiamos e eu, particularmente
> > por ser xa un pouco velloco, teño a impresión de que aínda habendo
> > tantos ocos por cubrir aos novos fáiselles difícil atopalos. Hai
> > moitas maneiras de axudar: as traducións técnicas de manuais, wikis ou
> > a elaboración de pequenas guías sobre a utilización práctica de
> > tecnoloxías de tradución, de aplicativos concretos, de criterios de
> > mellora do estilo, a recollida e documentación de terminoloxía que
> > utilizan as interfaces, a redacción de resumos ou notas de versións de
> > aplicativos nos que participamos ou coordinamos... a difusión por
> > redes sociais dos produtos resultantes, a participación como relator
> > en seminarios para dar a coñecer o labor, a colaboración e
> > participación nas nosas "quedadas" ... incluso simplemente o feito de
> > atopar erros, baleiros ou propoñer melloras no web son moi valiosas.
> >
> > E por suposto, consultar a calquera outro membro sobre calquera tema
> > no que vexamos que nos pode axudar. Normalmente é un pracer.
> >
> > Creo que se entende o que  quero dicir: debemos ser constantes,
> > pacientes e afrontar retos en principio impensados como facerse
> > responsables da versión galega ante unha fundación de software
> > internacional ou facer videos de presentación de aplicativos libres
> > que non son coñecidos pola main stream porque sabemos que temos o
> > apoio de xente de diverso perfil ao noso mais xente nos pode botar
> > unha man se pode, e temos ou podemos conseguir a infraestrutura que
> > sexa necesaria ou os medios para acadar novas metas nos obxectivos da
> > comunidade. En definitiva, se nos gustaría que "se fixese" algo, aquí
> > estamos no lugar adecuado, o lugar para comezar a facelo partindo da
> > iniciativa propia.
> >
> > Por aquí seguimos
> >
> > Antón Méixome
> >
> >
> > 2013/10/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> >> Máis que benvida!.
> >>
> >> Se tes en mente algunha aplicación que che interese, coméntanolo. Senón
> >> podémosche recomendar algunha na plataforma transifex.com.
> >>
> >>
> >> 2013/10/30 María do Campo Bayón <mdocampo2...@gmail.com>
> >>>
> >>> Bos días a todos, chámome María e son un estudante galega do máster en
> >>> Tradumática (Traducción e Novas Tecnoloxías da Universidad Autónoma de
> >>> Barcelona). Previo o máster, fixen a carreira de traducción e
> interpretación
> >>> na Uvigo (onde coñecín esta asociación) polo que domino inglés e
> francés.
> >>> Coido que colaborar con todos vós sería unha experiencia moi boa para
> min e
> >>> estou libre para empezar. Un saúdo.
> >>>
> >>> --
> >>> Traductora EN>ES/GL>EN; FR/PT/CA>ES/GL
> >>> Correctora y revisora.
>
> Benvida ao Proxecto Trasno. Non vou dicir que Transifex sexa o mellor
> lugar para traducir xa que traballo para a competencia :), pero alí
> hai unha boa manchea de cousas para traducir. Non me sobra agora mesmo
> o tempo para dar indicacións, pero se precisas axuda pregunta!
>
> E de novo benvida, que nunca hai xente abondo.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 

Xabier Villar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a