Benvida Maria - e aos que se asoman e aínda non falan ;-)

Aproveitando o teu correo de presentación na comunidade, co que
resulta evidente que tes un perfil máis ca sobrado para afrontar a
localización de software ao galego :-) e podes ser un valioso membro
dela; digo, gustaríame dicir que ademais de traducir, para formar
parte da comunidade Trasno é tamén vital axudar a mellorar á propia
comunidade porque se basea na idea de colaborar, apoiarnos mutuamente,
compartir a bagaxe de coñecemento que ten cada un, para enriquecernos
todos ou facilitar a participación de novos tradutores galegos de
software.

Ao mellor non o dicimos tanto como deberiamos e eu, particularmente
por ser xa un pouco velloco, teño a impresión de que aínda habendo
tantos ocos por cubrir aos novos fáiselles difícil atopalos. Hai
moitas maneiras de axudar: as traducións técnicas de manuais, wikis ou
a elaboración de pequenas guías sobre a utilización práctica de
tecnoloxías de tradución, de aplicativos concretos, de criterios de
mellora do estilo, a recollida e documentación de terminoloxía que
utilizan as interfaces, a redacción de resumos ou notas de versións de
aplicativos nos que participamos ou coordinamos... a difusión por
redes sociais dos produtos resultantes, a participación como relator
en seminarios para dar a coñecer o labor, a colaboración e
participación nas nosas "quedadas" ... incluso simplemente o feito de
atopar erros, baleiros ou propoñer melloras no web son moi valiosas.

E por suposto, consultar a calquera outro membro sobre calquera tema
no que vexamos que nos pode axudar. Normalmente é un pracer.

Creo que se entende o que  quero dicir: debemos ser constantes,
pacientes e afrontar retos en principio impensados como facerse
responsables da versión galega ante unha fundación de software
internacional ou facer videos de presentación de aplicativos libres
que non son coñecidos pola main stream porque sabemos que temos o
apoio de xente de diverso perfil ao noso mais xente nos pode botar
unha man se pode, e temos ou podemos conseguir a infraestrutura que
sexa necesaria ou os medios para acadar novas metas nos obxectivos da
comunidade. En definitiva, se nos gustaría que "se fixese" algo, aquí
estamos no lugar adecuado, o lugar para comezar a facelo partindo da
iniciativa propia.

Por aquí seguimos

Antón Méixome


2013/10/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> Máis que benvida!.
>
> Se tes en mente algunha aplicación que che interese, coméntanolo. Senón
> podémosche recomendar algunha na plataforma transifex.com.
>
>
> 2013/10/30 María do Campo Bayón <mdocampo2...@gmail.com>
>>
>> Bos días a todos, chámome María e son un estudante galega do máster en
>> Tradumática (Traducción e Novas Tecnoloxías da Universidad Autónoma de
>> Barcelona). Previo o máster, fixen a carreira de traducción e interpretación
>> na Uvigo (onde coñecín esta asociación) polo que domino inglés e francés.
>> Coido que colaborar con todos vós sería unha experiencia moi boa para min e
>> estou libre para empezar. Un saúdo.
>>
>> --
>> Traductora EN>ES/GL>EN; FR/PT/CA>ES/GL
>> Correctora y revisora.
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a