2011/2/10 Anton Meixome <[email protected]>:
> Xa revisei todas estas cousas e comento algo:
>
> Efectivamente están en OpenOffice.org e non en LibreOffice. Na
> plataforma Pootle de cada un quero dicir. Como a inmensa maioría eran
> evidentes simplemente corrixín.
>
>
> O erro de outline (contorno/esquema) era sorprendentemente grave pola
> gran cantidade de casos que había. Espero telos corrixido todos ben.
> Laborioso.

Que tradución usas ao final?

> Non me pareceu correcta esta e non a fixen
>
>    Di "Idioma de" "Interface de usuario" e no selector pon
> "Predefinido - Galego"; debería ser "Predefinida - Galego"
>
> Forma parte dunha lista de idiomas (que son masculinos) así que eu
> entendo que "Default" aquí vai máis ben co sentido de "galego como
> predeterminado"  ou "idioma de" e non con "Interface de usuario" e por
> tanto rexe masculino. O mesmo para a moeda.
>
> Queda aínda pendente a mala tradución de "Title pages" por "Titulos de
> páxina". Está claro que como mínimo será ao revés, algo así como
> páxinas titulares(?) pero pode ser mellor pensar un pouco no
> "concepto" xa que a tradición editorial anglosaxona e a latina son
> diferentes. Refírese a unha parte dun libro, informe, etc.
>
> Penso que pode acaer mellor algo relativo a portada ou algo polo
> estilo. Estoume documentando sobre o asunto e consigno aquí os nomes
> das páxinas que que aparecen antes do corpo dun texto en procesos de
> edición (que entendo deben ser a nosa referencia porque a función de
> Title pages tende á produción de documentos formalizados)
>
> Páxinas previas, páxinas iniciais, prego de inicio, prego de principios:
>     Páxinas de cortesía
>     Anteportada
>     Reverso de anteportada
>     Portada (creo que é esta pero teño certamente dúbidas)
>     Contraportada, páxina de dereitos, páxina de créditos, páxina de 
> propiedade
>     Foto de cortesía
>     Dedicatoria
>     Cita ou lema
>     Páxina de agradecementos
>     Índice
>
>
> Por tanto, nada de cuberta ou tapa (que é a parte externa do libro)
>
> Que vos parece por onde tiramos?

Pois primeiro definir o concepto, porque non sei exactamente de que
estamos falando.

> 2011/1/19 Anton Meixome <[email protected]>:
>> 2011/1/14 Antón Méixome <[email protected]>:
>>> Ola Xosé,
>>>
>>> Reenvío isto á lista correspondente ([email protected]) para 
>>> tratalo
>>>
>>> Grazas
>>>
>>>
>>> ---------- Forwarded message ----------
>>> From: Xosé <[email protected]>
>>> Date: 2011/1/13
>>> Subject: LibreOffice
>>> To: [email protected]
>>>
>>>
>>> Acabo de instalar o LibreOffice e decidin darlle unha vista rápida.
>>> Observei o seguinte:
>>>
>>> [Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Xeral]
>>>
>>> Abrir/Gardar caixas de diálogo -> Caixas de diálogo para abrir e gardar
>>>
>>> [Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Memoria]
>>>
>>> Eliminar da memoria despois -> ... despois de/transcorridas/pasadas
>>>
>>> En Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Ver hai varias palabras que se ven
>>> cortadas (pantalla, letra) porque o diálogo non se pode aumentar.
>>> Acontece noutros lugares do mesmo diálogo. En [Formato/Título de
>>> páxina] mesmo se sobrepoñen as palabras.
>>>
>>> [Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Camiños]
>>>
>>> Camiños -> Rutas (segundo acordo recente)
>>>
>>> [Ferramentas/Opcións/Cargar\/Gardar/Compatibilidade con HTML]
>>>
>>> Usa 'Inglés (EUA)' para os números -> Usar «Inglés (EUA)» para os números
>>>
>>> [Ferramentas/Opcións/Configuración de idioma/Idiomas]
>>>
>>> Di "Idioma de" "Interface de usuario" e no selector pon "Predefinido -
>>> Galego"; debería ser "Predefinida - Galego"
>>>
>>> ídem para Configuración local e Moeda predeterminada
>>>
>>> [Ferramentas/Opcións/LibreOffice Writer/Táboa] -> Táboas
>>>
>>> [Ferramentas/Opcións/Internet/Correo electrónico]
>>>
>>> Enviando documentos como anexos de correo electrónico -> Envío de...
>>>
>>> [Formato/Carácter/Efectos do tipo de letra]
>>>
>>> Esquema -> Contorno ("outline" en inglés pode ser o esquema dun texto,
>>> que tamén existe en LibreOffice ou, como neste caso, o contorno das
>>> letras).
>>>
>>> [Formato/viñetas e numeración/Posición]
>>>
>>> Na secuencia "Numeración seguida por" [opcións], debe seguir "a" [X
>>> cm] e non "en".
>>>
>>> Igualmente, "Aliñado á" -> "Aliñado a" e "Sangría á" -> "Sangría a"
>>>
>>> [Formato/viñetas e numeración/Opcións]
>>>
>>> No selector "Numeración", "Ningún" -> "Ningunha"
>>>
>>> Xosé
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> [email protected]
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>> --
>>> Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
>>> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
>>> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán 
>>> borrar
>>>
>>>
>>
>>
>>
>> --
>> Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
>> Galician community OOo.org & LibO
>> http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl
>>
>
>
>
> --
> Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
> Galician community OOo.org & LibO
> http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl
>
> --
> Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
>
>

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a