Por se alguén se despista. As cadeas correspondentes forman parte das
exclusivas de LibO

Leandro é iso exactamente. Abonda con buscar Title page en Google ou portada.

A ver se consigo traducilo a pseudoxml :-)

<retractilado>
 <libro>
  <cuberta, tapa>
   <tripa>
    <prego de portada>
      paxina/s de portada: anteportada, portada, contraportada (todas
as que puxen nun correo anterior)
    <prego de portada>
    <corpo>
     <prego de texto>
         prólogo, capítulos, seccións
     </pregos de texto>
    </corpos>
  </tripa>
  <cuberta>
  </libro>
</retractilado>


Fixen a proba de traducir por "Páxinas de portada" e adáptase ben en
todos os casos. Dados o prazos para a rc2 final, vouno deixar así,
para corrixir ese pésimo "Títulos de páxina". Revisable cando
queirades.


2011/2/11 Leandro Regueiro <[email protected]>:
> 2011/2/11 Anton Meixome <[email protected]>:
>> 2011/2/10 Leandro Regueiro <[email protected]>:
>>> 2011/2/10 Anton Meixome <[email protected]>:
>>>> Xa revisei todas estas cousas e comento algo:
>>>>
>>>> Efectivamente están en OpenOffice.org e non en LibreOffice. Na
>>>> plataforma Pootle de cada un quero dicir. Como a inmensa maioría eran
>>>> evidentes simplemente corrixín.
>>>>
>>>>
>>>> O erro de outline (contorno/esquema) era sorprendentemente grave pola
>>>> gran cantidade de casos que había. Espero telos corrixido todos ben.
>>>> Laborioso.
>>>
>>> Que tradución usas ao final?
>>
>> Pois depende. Ese é o tema. Case todas estaban automaticas: outline>
>> esquema pero resulta que como moi ben di Xosé, unhas veces é iso,
>> esquema, estrutura de contido/datos (por exemplo na xestión de niveis
>> de títulos) pero outras é contorno, liña, bordo (xestión do tipo de
>> letra).
>>
>> Así que depende do contexto uso esquema/contorno
>
> En Inkscape, se mal non lembro, hai un «outline mode» que consiste en
> que elimina todos os adornos do que se ve no lenzo do Inkscape, de
> forma que só se mostra o trazo (contorno se queres) de forma que se
> tes un debuxo moi recargado é máis fácil distinguir as cousas e
> traballar con elas, e tamén sobrecarga menos o ordenador.


modo esquema ou esbozo, máis asociado ao mundo do debuxo.

>
>>>> Non me pareceu correcta esta e non a fixen
>>>>
>>>>    Di "Idioma de" "Interface de usuario" e no selector pon
>>>> "Predefinido - Galego"; debería ser "Predefinida - Galego"
>>>>
>>>> Forma parte dunha lista de idiomas (que son masculinos) así que eu
>>>> entendo que "Default" aquí vai máis ben co sentido de "galego como
>>>> predeterminado"  ou "idioma de" e non con "Interface de usuario" e por
>>>> tanto rexe masculino. O mesmo para a moeda.
>>>>
>>>> Queda aínda pendente a mala tradución de "Title pages" por "Titulos de
>>>> páxina". Está claro que como mínimo será ao revés, algo así como
>>>> páxinas titulares(?) pero pode ser mellor pensar un pouco no
>>>> "concepto" xa que a tradición editorial anglosaxona e a latina son
>>>> diferentes. Refírese a unha parte dun libro, informe, etc.
>>>>
>>>> Penso que pode acaer mellor algo relativo a portada ou algo polo
>>>> estilo. Estoume documentando sobre o asunto e consigno aquí os nomes
>>>> das páxinas que que aparecen antes do corpo dun texto en procesos de
>>>> edición (que entendo deben ser a nosa referencia porque a función de
>>>> Title pages tende á produción de documentos formalizados)
>>>>
>>>> Páxinas previas, páxinas iniciais, prego de inicio, prego de principios:
>>>>     Páxinas de cortesía
>>>>     Anteportada
>>>>     Reverso de anteportada
>>>>     Portada (creo que é esta pero teño certamente dúbidas)
>>>>     Contraportada, páxina de dereitos, páxina de créditos, páxina de 
>>>> propiedade
>>>>     Foto de cortesía
>>>>     Dedicatoria
>>>>     Cita ou lema
>>>>     Páxina de agradecementos
>>>>     Índice
>>>>
>>>>
>>>> Por tanto, nada de cuberta ou tapa (que é a parte externa do libro)
>>>>
>>>> Que vos parece por onde tiramos?
>>>
>>> Pois primeiro definir o concepto, porque non sei exactamente de que
>>> estamos falando.
>>>
>>
>> É unha nova capacidade nos menús (Formato>*Títulos de páxina)
>>
>> Vexo que ás veces se trata de modo impreciso "cover or title page" e
>> que incluso se traduce peor, porque a cover do inglés entendo que é a
>> nosa portada (non a cuberta). De feito non creo que se poida admitir
>> facilmente que no Writer poidas facer unha "cuberta". O que fas é unha
>> portada, anteportada, etc.
>>
>> A miña dúbida é que creo que este menú quere agrupar/xestionar non só
>> a páxina na que poñemos o título do traballo ou unha ilustración con
>> título, autor, etc. senón que poden ser varias páxinas, todas antes do
>> corpo do texto, e cada unha con distintas funcións como expliquei
>> arriba. Por iso chamarlle "Páxina de títulos/titulares"...
>>
>> Preferiría algo como "Páxinas de portada" ou directamente "Portada"
>>
>> Anexo captura da caixa de diálogo (mal traducida)
>
> Non vexo o anexo.
>
> Pero xa sen ver o anexo ocorréseme que igual se refiren a esas páxina
> do inicio do capítulo ou do propio libro, nas que só aparece o título
> do capítulo ou do libro con letra algo máis grande e igual con algún
> tipo de letra máis bonita. No caso da páxina na que vén o título do
> libro a veces téñoo visto seis ou sete páxinas despois de abrir a
> cuberta do libro en si. Será iso?
>
> Deica
>
> --
> Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
>



-- 
Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a