2011/2/10 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2011/2/10 Anton Meixome <[email protected]>: >> Xa revisei todas estas cousas e comento algo: >> >> Efectivamente están en OpenOffice.org e non en LibreOffice. Na >> plataforma Pootle de cada un quero dicir. Como a inmensa maioría eran >> evidentes simplemente corrixín. >> >> >> O erro de outline (contorno/esquema) era sorprendentemente grave pola >> gran cantidade de casos que había. Espero telos corrixido todos ben. >> Laborioso. > > Que tradución usas ao final?
Pois depende. Ese é o tema. Case todas estaban automaticas: outline> esquema pero resulta que como moi ben di Xosé, unhas veces é iso, esquema, estrutura de contido/datos (por exemplo na xestión de niveis de títulos) pero outras é contorno, liña, bordo (xestión do tipo de letra). Así que depende do contexto uso esquema/contorno > >> Non me pareceu correcta esta e non a fixen >> >> Di "Idioma de" "Interface de usuario" e no selector pon >> "Predefinido - Galego"; debería ser "Predefinida - Galego" >> >> Forma parte dunha lista de idiomas (que son masculinos) así que eu >> entendo que "Default" aquí vai máis ben co sentido de "galego como >> predeterminado" ou "idioma de" e non con "Interface de usuario" e por >> tanto rexe masculino. O mesmo para a moeda. >> >> Queda aínda pendente a mala tradución de "Title pages" por "Titulos de >> páxina". Está claro que como mínimo será ao revés, algo así como >> páxinas titulares(?) pero pode ser mellor pensar un pouco no >> "concepto" xa que a tradición editorial anglosaxona e a latina son >> diferentes. Refírese a unha parte dun libro, informe, etc. >> >> Penso que pode acaer mellor algo relativo a portada ou algo polo >> estilo. Estoume documentando sobre o asunto e consigno aquí os nomes >> das páxinas que que aparecen antes do corpo dun texto en procesos de >> edición (que entendo deben ser a nosa referencia porque a función de >> Title pages tende á produción de documentos formalizados) >> >> Páxinas previas, páxinas iniciais, prego de inicio, prego de principios: >> Páxinas de cortesía >> Anteportada >> Reverso de anteportada >> Portada (creo que é esta pero teño certamente dúbidas) >> Contraportada, páxina de dereitos, páxina de créditos, páxina de >> propiedade >> Foto de cortesía >> Dedicatoria >> Cita ou lema >> Páxina de agradecementos >> Índice >> >> >> Por tanto, nada de cuberta ou tapa (que é a parte externa do libro) >> >> Que vos parece por onde tiramos? > > Pois primeiro definir o concepto, porque non sei exactamente de que > estamos falando. > É unha nova capacidade nos menús (Formato>*Títulos de páxina) Vexo que ás veces se trata de modo impreciso "cover or title page" e que incluso se traduce peor, porque a cover do inglés entendo que é a nosa portada (non a cuberta). De feito non creo que se poida admitir facilmente que no Writer poidas facer unha "cuberta". O que fas é unha portada, anteportada, etc. A miña dúbida é que creo que este menú quere agrupar/xestionar non só a páxina na que poñemos o título do traballo ou unha ilustración con título, autor, etc. senón que poden ser varias páxinas, todas antes do corpo do texto, e cada unha con distintas funcións como expliquei arriba. Por iso chamarlle "Páxina de títulos/titulares"... Preferiría algo como "Páxinas de portada" ou directamente "Portada" Anexo captura da caixa de diálogo (mal traducida) >> 2011/1/19 Anton Meixome <[email protected]>: >>> 2011/1/14 Antón Méixome <[email protected]>: >>>> Ola Xosé, >>>> >>>> Reenvío isto á lista correspondente ([email protected]) para >>>> tratalo >>>> >>>> Grazas >>>> >>>> >>>> ---------- Forwarded message ---------- >>>> From: Xosé <[email protected]> >>>> Date: 2011/1/13 >>>> Subject: LibreOffice >>>> To: [email protected] >>>> >>>> >>>> Acabo de instalar o LibreOffice e decidin darlle unha vista rápida. >>>> Observei o seguinte: >>>> >>>> [Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Xeral] >>>> >>>> Abrir/Gardar caixas de diálogo -> Caixas de diálogo para abrir e gardar >>>> >>>> [Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Memoria] >>>> >>>> Eliminar da memoria despois -> ... despois de/transcorridas/pasadas >>>> >>>> En Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Ver hai varias palabras que se ven >>>> cortadas (pantalla, letra) porque o diálogo non se pode aumentar. >>>> Acontece noutros lugares do mesmo diálogo. En [Formato/Título de >>>> páxina] mesmo se sobrepoñen as palabras. >>>> >>>> [Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Camiños] >>>> >>>> Camiños -> Rutas (segundo acordo recente) >>>> >>>> [Ferramentas/Opcións/Cargar\/Gardar/Compatibilidade con HTML] >>>> >>>> Usa 'Inglés (EUA)' para os números -> Usar «Inglés (EUA)» para os números >>>> >>>> [Ferramentas/Opcións/Configuración de idioma/Idiomas] >>>> >>>> Di "Idioma de" "Interface de usuario" e no selector pon "Predefinido - >>>> Galego"; debería ser "Predefinida - Galego" >>>> >>>> ídem para Configuración local e Moeda predeterminada >>>> >>>> [Ferramentas/Opcións/LibreOffice Writer/Táboa] -> Táboas >>>> >>>> [Ferramentas/Opcións/Internet/Correo electrónico] >>>> >>>> Enviando documentos como anexos de correo electrónico -> Envío de... >>>> >>>> [Formato/Carácter/Efectos do tipo de letra] >>>> >>>> Esquema -> Contorno ("outline" en inglés pode ser o esquema dun texto, >>>> que tamén existe en LibreOffice ou, como neste caso, o contorno das >>>> letras). >>>> >>>> [Formato/viñetas e numeración/Posición] >>>> >>>> Na secuencia "Numeración seguida por" [opcións], debe seguir "a" [X >>>> cm] e non "en". >>>> >>>> Igualmente, "Aliñado á" -> "Aliñado a" e "Sangría á" -> "Sangría a" >>>> >>>> [Formato/viñetas e numeración/Opcións] >>>> >>>> No selector "Numeración", "Ningún" -> "Ningunha" >>>> >>>> Xosé >>>> >>>> _______________________________________________ >>>> Proxecto mailing list >>>> [email protected] >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>>> >>>> -- >>>> Correo a [email protected] para saber como desubscribirse >>>> O arquivo está dispoñible en >>>> http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ >>>> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán >>>> borrar >>>> >>>> >>> >>> >>> >>> -- >>> Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite >>> Galician community OOo.org & LibO >>> http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl >>> >> >> >> >> -- >> Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite >> Galician community OOo.org & LibO >> http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl >> >> -- >> Correo a [email protected] para saber como desubscribirse >> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ >> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán >> borrar >> >> > > -- > Correo a [email protected] para saber como desubscribirse > O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ > As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar > -- Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite Galician community OOo.org & LibO http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
