2011/2/11 Anton Meixome <[email protected]>:
> Por se alguén se despista. As cadeas correspondentes forman parte das
> exclusivas de LibO
>
> Leandro é iso exactamente. Abonda con buscar Title page en Google ou portada.
>
> A ver se consigo traducilo a pseudoxml :-)
>
> <retractilado>
>  <libro>
>  <cuberta, tapa>
>   <tripa>
>    <prego de portada>
>      paxina/s de portada: anteportada, portada, contraportada (todas
> as que puxen nun correo anterior)
>    <prego de portada>
>    <corpo>
>     <prego de texto>
>         prólogo, capítulos, seccións
>     </pregos de texto>
>    </corpos>
>  </tripa>
>  <cuberta>
>  </libro>
> </retractilado>
>
>
> Fixen a proba de traducir por "Páxinas de portada" e adáptase ben en
> todos os casos. Dados o prazos para a rc2 final, vouno deixar así,
> para corrixir ese pésimo "Títulos de páxina". Revisable cando
> queirades.

E iso adáptase ás páxinas que inician cada capítulo?

> 2011/2/11 Leandro Regueiro <[email protected]>:
>> 2011/2/11 Anton Meixome <[email protected]>:
>>> 2011/2/10 Leandro Regueiro <[email protected]>:
>>>> 2011/2/10 Anton Meixome <[email protected]>:
>>>>> Xa revisei todas estas cousas e comento algo:
>>>>>
>>>>> Efectivamente están en OpenOffice.org e non en LibreOffice. Na
>>>>> plataforma Pootle de cada un quero dicir. Como a inmensa maioría eran
>>>>> evidentes simplemente corrixín.
>>>>>
>>>>>
>>>>> O erro de outline (contorno/esquema) era sorprendentemente grave pola
>>>>> gran cantidade de casos que había. Espero telos corrixido todos ben.
>>>>> Laborioso.
>>>>
>>>> Que tradución usas ao final?
>>>
>>> Pois depende. Ese é o tema. Case todas estaban automaticas: outline>
>>> esquema pero resulta que como moi ben di Xosé, unhas veces é iso,
>>> esquema, estrutura de contido/datos (por exemplo na xestión de niveis
>>> de títulos) pero outras é contorno, liña, bordo (xestión do tipo de
>>> letra).
>>>
>>> Así que depende do contexto uso esquema/contorno
>>
>> En Inkscape, se mal non lembro, hai un «outline mode» que consiste en
>> que elimina todos os adornos do que se ve no lenzo do Inkscape, de
>> forma que só se mostra o trazo (contorno se queres) de forma que se
>> tes un debuxo moi recargado é máis fácil distinguir as cousas e
>> traballar con elas, e tamén sobrecarga menos o ordenador.
>
>
> modo esquema ou esbozo, máis asociado ao mundo do debuxo.

Xa é o que estaba usando, quedo máis tranquilo.

>>>>> Non me pareceu correcta esta e non a fixen
>>>>>
>>>>>    Di "Idioma de" "Interface de usuario" e no selector pon
>>>>> "Predefinido - Galego"; debería ser "Predefinida - Galego"
>>>>>
>>>>> Forma parte dunha lista de idiomas (que son masculinos) así que eu
>>>>> entendo que "Default" aquí vai máis ben co sentido de "galego como
>>>>> predeterminado"  ou "idioma de" e non con "Interface de usuario" e por
>>>>> tanto rexe masculino. O mesmo para a moeda.
>>>>>
>>>>> Queda aínda pendente a mala tradución de "Title pages" por "Titulos de
>>>>> páxina". Está claro que como mínimo será ao revés, algo así como
>>>>> páxinas titulares(?) pero pode ser mellor pensar un pouco no
>>>>> "concepto" xa que a tradición editorial anglosaxona e a latina son
>>>>> diferentes. Refírese a unha parte dun libro, informe, etc.
>>>>>
>>>>> Penso que pode acaer mellor algo relativo a portada ou algo polo
>>>>> estilo. Estoume documentando sobre o asunto e consigno aquí os nomes
>>>>> das páxinas que que aparecen antes do corpo dun texto en procesos de
>>>>> edición (que entendo deben ser a nosa referencia porque a función de
>>>>> Title pages tende á produción de documentos formalizados)
>>>>>
>>>>> Páxinas previas, páxinas iniciais, prego de inicio, prego de principios:
>>>>>     Páxinas de cortesía
>>>>>     Anteportada
>>>>>     Reverso de anteportada
>>>>>     Portada (creo que é esta pero teño certamente dúbidas)
>>>>>     Contraportada, páxina de dereitos, páxina de créditos, páxina de 
>>>>> propiedade
>>>>>     Foto de cortesía
>>>>>     Dedicatoria
>>>>>     Cita ou lema
>>>>>     Páxina de agradecementos
>>>>>     Índice
>>>>>
>>>>>
>>>>> Por tanto, nada de cuberta ou tapa (que é a parte externa do libro)
>>>>>
>>>>> Que vos parece por onde tiramos?
>>>>
>>>> Pois primeiro definir o concepto, porque non sei exactamente de que
>>>> estamos falando.
>>>>
>>>
>>> É unha nova capacidade nos menús (Formato>*Títulos de páxina)
>>>
>>> Vexo que ás veces se trata de modo impreciso "cover or title page" e
>>> que incluso se traduce peor, porque a cover do inglés entendo que é a
>>> nosa portada (non a cuberta). De feito non creo que se poida admitir
>>> facilmente que no Writer poidas facer unha "cuberta". O que fas é unha
>>> portada, anteportada, etc.
>>>
>>> A miña dúbida é que creo que este menú quere agrupar/xestionar non só
>>> a páxina na que poñemos o título do traballo ou unha ilustración con
>>> título, autor, etc. senón que poden ser varias páxinas, todas antes do
>>> corpo do texto, e cada unha con distintas funcións como expliquei
>>> arriba. Por iso chamarlle "Páxina de títulos/titulares"...
>>>
>>> Preferiría algo como "Páxinas de portada" ou directamente "Portada"
>>>
>>> Anexo captura da caixa de diálogo (mal traducida)
>>
>> Non vexo o anexo.
>>
>> Pero xa sen ver o anexo ocorréseme que igual se refiren a esas páxina
>> do inicio do capítulo ou do propio libro, nas que só aparece o título
>> do capítulo ou do libro con letra algo máis grande e igual con algún
>> tipo de letra máis bonita. No caso da páxina na que vén o título do
>> libro a veces téñoo visto seis ou sete páxinas despois de abrir a
>> cuberta do libro en si. Será iso?
>>
>> Deica
>>
>> --
>> Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
>> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
>> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán 
>> borrar
>>
>
>
>
> --
> Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
> Galician community OOo.org & LibO
> http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl
>
> --
> Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
>
>

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a