2011/2/11 Anton Meixome <[email protected]>: > 2011/2/10 Leandro Regueiro <[email protected]>: >> 2011/2/10 Anton Meixome <[email protected]>: >>> Xa revisei todas estas cousas e comento algo: >>> >>> Efectivamente están en OpenOffice.org e non en LibreOffice. Na >>> plataforma Pootle de cada un quero dicir. Como a inmensa maioría eran >>> evidentes simplemente corrixín. >>> >>> >>> O erro de outline (contorno/esquema) era sorprendentemente grave pola >>> gran cantidade de casos que había. Espero telos corrixido todos ben. >>> Laborioso. >> >> Que tradución usas ao final? > > Pois depende. Ese é o tema. Case todas estaban automaticas: outline> > esquema pero resulta que como moi ben di Xosé, unhas veces é iso, > esquema, estrutura de contido/datos (por exemplo na xestión de niveis > de títulos) pero outras é contorno, liña, bordo (xestión do tipo de > letra). > > Así que depende do contexto uso esquema/contorno
En Inkscape, se mal non lembro, hai un «outline mode» que consiste en que elimina todos os adornos do que se ve no lenzo do Inkscape, de forma que só se mostra o trazo (contorno se queres) de forma que se tes un debuxo moi recargado é máis fácil distinguir as cousas e traballar con elas, e tamén sobrecarga menos o ordenador. >>> Non me pareceu correcta esta e non a fixen >>> >>> Di "Idioma de" "Interface de usuario" e no selector pon >>> "Predefinido - Galego"; debería ser "Predefinida - Galego" >>> >>> Forma parte dunha lista de idiomas (que son masculinos) así que eu >>> entendo que "Default" aquí vai máis ben co sentido de "galego como >>> predeterminado" ou "idioma de" e non con "Interface de usuario" e por >>> tanto rexe masculino. O mesmo para a moeda. >>> >>> Queda aínda pendente a mala tradución de "Title pages" por "Titulos de >>> páxina". Está claro que como mínimo será ao revés, algo así como >>> páxinas titulares(?) pero pode ser mellor pensar un pouco no >>> "concepto" xa que a tradición editorial anglosaxona e a latina son >>> diferentes. Refírese a unha parte dun libro, informe, etc. >>> >>> Penso que pode acaer mellor algo relativo a portada ou algo polo >>> estilo. Estoume documentando sobre o asunto e consigno aquí os nomes >>> das páxinas que que aparecen antes do corpo dun texto en procesos de >>> edición (que entendo deben ser a nosa referencia porque a función de >>> Title pages tende á produción de documentos formalizados) >>> >>> Páxinas previas, páxinas iniciais, prego de inicio, prego de principios: >>> Páxinas de cortesía >>> Anteportada >>> Reverso de anteportada >>> Portada (creo que é esta pero teño certamente dúbidas) >>> Contraportada, páxina de dereitos, páxina de créditos, páxina de >>> propiedade >>> Foto de cortesía >>> Dedicatoria >>> Cita ou lema >>> Páxina de agradecementos >>> Índice >>> >>> >>> Por tanto, nada de cuberta ou tapa (que é a parte externa do libro) >>> >>> Que vos parece por onde tiramos? >> >> Pois primeiro definir o concepto, porque non sei exactamente de que >> estamos falando. >> > > É unha nova capacidade nos menús (Formato>*Títulos de páxina) > > Vexo que ás veces se trata de modo impreciso "cover or title page" e > que incluso se traduce peor, porque a cover do inglés entendo que é a > nosa portada (non a cuberta). De feito non creo que se poida admitir > facilmente que no Writer poidas facer unha "cuberta". O que fas é unha > portada, anteportada, etc. > > A miña dúbida é que creo que este menú quere agrupar/xestionar non só > a páxina na que poñemos o título do traballo ou unha ilustración con > título, autor, etc. senón que poden ser varias páxinas, todas antes do > corpo do texto, e cada unha con distintas funcións como expliquei > arriba. Por iso chamarlle "Páxina de títulos/titulares"... > > Preferiría algo como "Páxinas de portada" ou directamente "Portada" > > Anexo captura da caixa de diálogo (mal traducida) Non vexo o anexo. Pero xa sen ver o anexo ocorréseme que igual se refiren a esas páxina do inicio do capítulo ou do propio libro, nas que só aparece o título do capítulo ou do libro con letra algo máis grande e igual con algún tipo de letra máis bonita. No caso da páxina na que vén o título do libro a veces téñoo visto seis ou sete páxinas despois de abrir a cuberta do libro en si. Será iso? Deica -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
