Boas:
Opino como Bouzada pero non se me ocorre algo mellor.

Das propostas por Antón, tiraría máis polas que inclúen arrinque/arranque (non sei se hai diferencia, o dicionario non a pon) que por inicio/inicial o motivo é que dito cadro non só me amosa ao principio/inicio senón que cada vez que pechamos un documento sen saír do libre/openoffice aparece a modo de xanela con accesos directos para que arrinquemos o aplicativo desexado (writer, calc...).



En 24/04/2012 15:29, Anton Meixome escribiu:
Urxe!!

Trátase da xanela principal no arrinque de LibreOffice / OpenOffice
onde se reúnen todos os aplicativos da suite.

Curiosamente a día de hoxe non consta ningunha tradución

Opcións (as consideracións de maiúsculas tamén interesan)

Central de Inicio
Centro de Inicio
Centro de Arrinque
Xanela inicial
...

Documentadas:

en. Start Center
es. Centro de Comienzo
fr. Centre de démarrage
pt-br. Tela inicial


Recordo que Software Central de Ubuntu está como "Centro de software"




--
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a