En 2010/04/28 19:08, Anton Méixome escribiu:
> Eu teño a barra webdevelopper traducida desde decembro de 2008, con
> estado "released" pero non parece dispoñible por ningún lado. En local
> si, claro, pero... ou falta algo ou non sei como sacala de aí.
>
> http://www.babelzilla.org/index.php?option=com_wts&Itemid=264&type=filelist2&extension=3666&language=47
>
> Por iso non seguín
Iso ten que ser sousa do desenvolvedor máis que do babelzilla,se non me 
erro o desenvolvedor ten que ir recoller as novas traducións a 
babelzilla e seguramente que non o fixo.
Poida que dándolle un aviso o faga. Acabo de enviarlle unha mensaxe 
solicitándolle que colla a tradución ao galego.


>
>
> 2010/4/28 Leandro Regueiro<leandro.regueiro en gmail.com>:
>> 2010/4/28 Enrique Estévez Fernández<keko.gl en gmail.com>:
>>> Ola Damufo.
>>>
>>> Esas extensións desde onde as traduces. Traduces desde
>>> http://www.babelzilla.org?
>>>
>>>
>>> Contame un pouco do tema. Se van integradas co resto ou se ti te
>>> encargas de enviarllas directamente ao autor da extensión. Algo
>>> indagei, porque no seu momento estiven mirando de traducir a extensión
>>> do Zotero para o Firefox para mirar a súa integración co Bibus e o
>>> OpenOffice. Proxecto que está parado, por falta de tempo e que cando
>>> saca algo de tempo lle terei que enviar os termos específicos (coas
>>> capturas de pantalla) dese campo a directora da biblioteca da USC para
>>> ter unha tradución adaptada a eles.
>>
>> Se isto vai de termos de bibliografía e iso pásamo a min tamén.
>>
>>> Eu teño conta en BabelZilla, pero non cheguei a traducir nada, xa que
>>> a extensión a estaba a traducir outra persoa e como me atopei co
>>> problema da terminoloxía, ahí quedou a cousa a espera de resolver ese
>>> atranco.
>>
>> Os engadidos dos produtos de Mozilla que se traduzan tamén os
>> deberiamos ter listados en http://galician.mozdev.org/ non credes? É
>> máis, cando se vai actualizar dita páxina?
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
>

Responderlle a