Ola Damufo.

Esas extensións desde onde as traduces. Traduces desde
http://www.babelzilla.org?


Contame un pouco do tema. Se van integradas co resto ou se ti te
encargas de enviarllas directamente ao autor da extensión. Algo
indagei, porque no seu momento estiven mirando de traducir a extensión
do Zotero para o Firefox para mirar a súa integración co Bibus e o
OpenOffice. Proxecto que está parado, por falta de tempo e que cando
saca algo de tempo lle terei que enviar os termos específicos (coas
capturas de pantalla) dese campo a directora da biblioteca da USC para
ter unha tradución adaptada a eles.

Eu teño conta en BabelZilla, pero non cheguei a traducir nada, xa que
a extensión a estaba a traducir outra persoa e como me atopei co
problema da terminoloxía, ahí quedou a cousa a espera de resolver ese
atranco.

Un saúdo.

2010/4/28 damufo <damufo en gmail.com>:
>
>
> En 2010/04/28 00:13, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>
>> Boas.
>>
>> Pareceme ben. Vai facer falta xente para facer todo tipo de accións.
>>
> Ah! dicir que tamén levo a tradución das extensións fireftp, reminderfox, e
> importexporttools. Os dous primeiros para firefox e a última para
> thunderbird.
>>
>> Colaboracións puntuais (ficheiros soltos e pequenos)
>>
>> ----------------------------------------------------------------------------
>> Leandro
>>
>> Probas das traducións
>>
>> ----------------------------------------------------------------------------
>> Damufo
>>
>>
>> Saúdos.
>>
>>
>>
>> 2010/4/28 damufo<damufo en gmail.com>:
>>>
>>> Boas:
>>> Eu supoño que como sempre colaborarei nas probas.
>>>
>>> En 2010/04/27 14:34, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>>>
>>>> Ola a todos.
>>>>
>>>> Suso xa fixo os trámites pertinentes co correo que vistes que ía en
>>>> inglés. Eu xa me presentei aos responsábeis de Mozilla e agora estou a
>>>> facerme cos procedementos.
>>>>
>>>> Xa comecei a intentar resolver algúns bugs que temos pendentes e xa me
>>>> activaron algún servizo para traducir en liña. Nestes momentos estou a
>>>> mirar as traducións desde Narro e Verbatim. A ver o que tardan en
>>>> darme unha conta de Mercurial e podo mirar como vai todo. Por agora,
>>>> estou como ben di Suso a falar con eles, darme a coñecer e que a
>>>> comunidade me coñeza. Tamén iniciei contactos co grupo de castelán
>>>> para ver se eles me poden axudar nestes inicios e saber como fan eles
>>>> co seu grupo.
>>>>
>>>> Xa recibín algunha queixa con respecto a algunha tradución (de
>>>> usuarios galegos que empregan Firefox). Podo dicir, que non gusta a
>>>> tradución de Vaia, isto é vergoñoso. Algunhas persoas dixéronme que
>>>> ben valía cun Sentímolo ou Sentímosllo (comentario de lingüistas). Que
>>>> non era unha linguaxe nada aceptable por moito que a tradución literal
>>>> do inglés sexa esa.
>>>>
>>>> De entrada quero saber quen vai a querer traducir no día a día e se
>>>> vai poder facer cargo de proxectos enteiros ou de ficheiros soltos.
>>>> Como sabedes hai varios produtos e así eu poder encargarme da parte
>>>> técnica e da revisión, e sobre toda da coordinación. Quen se pode
>>>> comprometer a facer cousas e quen pode axudar esporadicamente.
>>>> Dependendo dos colaboradores, organizarase o traballo. É moi
>>>> importante contar que hai uns prazos e hai que respetalos.
>>>>
>>>> Se ao final se pode traducir todo en liña (por web) ábrese un novo
>>>> abanico de posibilidades. Eu estou investigando esta última forma de
>>>> traducir, xa que vexo que ata o de agora, o peso o levaba todo Rial,
>>>> que era el o que se encargaba de todo. Despois, Suso, non sei moi ben
>>>> como organizou todo. Imaxínome que repartía o traballo entre a xente
>>>> que quería colaborar, pero non sei que tempos vos marcabades e como el
>>>> conseguía unificar os diferentes criterios e estilos seguidos polos
>>>> tradutores.
>>>>
>>>> Por agora pouco máis que contar. Que eu estou traducindo e revisando
>>>> en liña. Que a ver se me validan o traballo cando lles entregue algo
>>>> completado e que pasos me din que teño que facer.
>>>>
>>>> Suxestións e sobre todo quen quere participar traducindo e que
>>>> compromiso pode asumir.
>>>>
>>>> Un saúdo.
>>>>
>>>> 2010/4/13 suso<suso.baleato en gmail.com>:
>>>>>
>>>>> Boas,
>>>>>
>>>>> Ven de contactarme Enrique Estévez, a quen escollestes para coordenar a
>>>>> equipa de localización. Vou presentalo sen mais ao resto do equipo de
>>>>> localización da Mozilla para que lle den as indicacións pertinentes,
>>>>> como
>>>>> xa fixen en GNOME e OpenOffice.
>>>>>
>>>>> Con esto quedará dado o relevo oficialmente; a partir dahí xa será
>>>>> cousa
>>>>> de Enrique ter mais ou menos éxito, polo que vos pido todo o voso apoio
>>>>> para axudalo nesa tarefa. Pola miña parte facilitareille o proceso na
>>>>> medida en que poida axudalo.
>>>>>
>>>>> Fágovos eso sí unha matización de certa importancia despois de repasar
>>>>> o
>>>>> arquivo da rolda, xa que nalgún momento alguén dou a entender que non
>>>>> era
>>>>> Enrique quen asumía a coordenación senón un dos dous grupos (g11n ou
>>>>> Trasno,
>>>>> non lembro cal dos dous era).
>>>>>
>>>>> É importante que teñades claro que na Mozilla a participación é
>>>>> individual;
>>>>> quen asume a coordenación, como calquera outra tarefa, son personas e
>>>>> non
>>>>> organizacións. Outra cousa é que Enrique pertenza a g11n, ao Real
>>>>> Madrid
>>>>> ou á CIG, eso a Mozilla dalle igual; o importante é que ninguén
>>>>> pretenda
>>>>> suplantar á Mozilla como organización matriz: dende o momento en que
>>>>> Enrique asume a coordenación pasa a integrarse dentro da Comunidade
>>>>> Mozilla, e por tanto son as normas e os usos de Mozilla os que debe ter
>>>>> en conta e non os da CIG, os de g11n/trasno ou calquera outra
>>>>> organización.
>>>>>
>>>>> Dígovos esto por que eu tardei *meses* en convencelos de que non era a
>>>>> Xunta quen se facía cargo da coordenación, senón eu personalmente. Non
>>>>> vaia
>>>>> ser que por falta de información metades a pata nesto. Igual a cousa
>>>>> cambiou neste tempo pero non creo; mais non momento en que eu tiven que
>>>>> integrarme esto era unha información importante que eu descoñecía e que
>>>>> obstaculizou bastante o proceso. Se eles detectan calquera intento de
>>>>> "apropriación" por parte de trasno ou calquera outra organización,
>>>>> meterán
>>>>> o freno e non haberá xeito de avanzar. Espero ter sido claro nesto por
>>>>> que
>>>>> insisto unha vez mais: é moi importante ter moi claro que a estes
>>>>> efectos
>>>>> a única organización que existe é a Fundación Mozilla.
>>>>>
>>>>> Por último, lembrar que non estou na rolda, co cal só me chegarán os
>>>>> correos onde me poñades en copia.
>>>>>
>>>>> Ánimo pois.
>>>>>
>>>>> Saúde.
>>>>>
>>>>> --
>>>>> http://susinho.pagina.de/
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Galician mailing list
>>>>> Galician en mozdev.org
>>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Galician mailing list
>>>> Galician en mozdev.org
>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a