O 13:29 do 7 de abril de 2018, Leandro Regueiro
<leandro.regue...@gmail.com> escribiu:
> Ola,
> respondo por abaixo.
>
>
> O 11:44 do 7 de abril de 2018, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>> Si, queda claro
>>
>> Corrixe:
>> que difiran con  → que difiran de
>>
>> con respecto a match, cando funciona co sentido de buscar e atopar
>>
>> Poderían tamén utilizarse " casar/non casar con" e dunha maneira xa moi
>> especializada do verbo "que (non) ocorran con"
>>
>> A min concordar/discordar non me parece boa elección porque teñen sentido
>> conversacional. A parella "coincidir con / diferir de" paréceme ben pero
>> incluso era mellor "(non) / coincidir con"
>
> A min persoalmente paréceme máis clara e mellor a última proposta de
> Antón dado que parece ser que «match» se traduce maioritariamente como
> «coincidencia» 
> https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/match.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup
> (datos de hai varios anos xa, teño que poñerme en serio a montar un
> sistema para consultar os TMX online):
>
> - «match»: «coincide con»
> - «don't match»: «non coincide con»
>
>
>
>> O 10:59 do 7 de abril de 2018, Dani <d...@damufo.com> escribiu:
>>>
>>> Boas:
>>>
>>> Inciso, antese de preguntar todo isto estiven a pensar como traducir
>>> match/no match
>>> barallei: concordar/discordar e coincidir/deferir
>>> Cos coñecementos que teño, calquera das dúas opción pareceu válida, por
>>> optar por unha optei por coincidir/diferir
>>> Non sei se fixen ben.
>>>
>>> Volvendo ó asunto, estiven pensando o tema, e traducindo así:
>>>
>>> Opción 1
>>> Filter out items matching all of the following
>>> Filtrar os elementos que coincidan con todos os seguintes
>>>
>>> Opción 2
>>> Filter out items matching any of the following
>>> Filtrar os elementos que coincidan con calquera dos seguintes
>>>
>>> Opción 3
>>> Filter out items matching none of the following
>>> Filtrar os elementos que difiran con calquera dos seguintes
>>>
>>> Opción 4
>>> Filter out items matching not all of the following
>>> Filtra os elementos que difiran con todos os seguintes
>>>
>>> Tendo en conta isto
>>> Filtros/opcións
>>> Casos->      |   1      |  2           |  3            |
>>> filtro1      | coincide | no coincide  |  non coincide |
>>> filtro2      | coincide | coincide     |  non coincide |
>>> filtro3      | coincide | non coincide |  non coincide |
>>>
>>> Agora temos:
>>> opción 1  devolve resultado do caso 1
>>> opción 2 devolve resultado do caso 1 e do caso 2
>>> opción 3 devolve resultados do caso 2 e do caso 3 (o «or» era aquí non?)
>>> opción 4 devolve resultado do caso 3
>>>
>>> Agora penso que xa non hai dúbida.
>
> Pois eu sigo tendo unha dúbida, imos traducir «filter» e «filter out»
> como «filtrar»? Eu persoalmente entendo que:
>
> - «filter» se traduciría como «filtrar» (neste caso quedamos co que
> coincida coa condición),
> - «filter out» debería traducirse como «ignorar», «excluír» ou algo
> polo estilo (neste caso deixamos fóra o que coincida coa condición).

Esquecíame, «matching not all of the following» eu traduciríao como
«que coincidan con algún (pero non todos) os seguintes».


Deica

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1487&h=e8552c73aa96b8c7815598e85a9ea0bb49765fb1&sa=1777401282

Reply via email to