Sobre as reflexións de Adrian.

Respecto ao de manual vs. automático da wikipedia en catalán non vexo que
estea acertada a escolla en función da orixe da solicitude.

Puxar e tirar, no uso cotiá, non sempre son antónimas, depende sempre do
contexto.

Sobre «turrar» habitual na aldea na que me criei, usase en referencia aos
cornos (os touros turran), polo que en persoas ten unha (certa) connotación
de «cabezón/a» sobre o suxeito ao referirse a «facelo cos cornos-cabeza.
(tanto trouleo que caeu e turrou cunha pedra)

Queda a opción de «levar» e «traer» que son as que (IMHO) parecen máis
acaidas, certo que non están «na fala tecnolóxica» pero nunca o están nun
principio. Por iso, creo que para o caso dicir: transmisión levada e/ou
transmisión traída (cambiade transmisión por notificación ou o que compra)
parece axeitado e acertado.

En base a isto, definiría:
Push → Levar
Pull → Traer
Push notificatión → Notificación levada

Como sempre a mesma advertencia. Se quedamos durmidos finalmente asentarase
o termo inglés e entón si que non entrará na fala.

O luns, 24 de ago. de 2020 ás 22:15, Adrian Chaves (<adr...@chaves.io>)
escribiu:

> Eu non o acabo de ver.
>
> Os dous tipos de notificacións son notificacións do cliente ao servidor,
> a única diferencia é quen toma a iniciativa para que se produza a
> entrega, se o servidor (push) ou o cliente (pull). Polo tanto as dúas
> serían «notificacións do servidor», e ningunha delas sería realmente
> unha «notificación do cliente».
>
> O concepto da Wikipedia en catalán¹, «de transmisión automática» para
> «push», que podería contrastarse con «de transmisión manual» para
> «pull», gústame máis. Pero igual é longo de máis. E tamén ten os seus
> problemas, xa que no que respecta ao usuario final, normalmente todo é
> automático (nas pull, o cliente normalmente consulta as notificacións
> automaticamente cada certo tempo).
>
> «Notificacións transmitidas por iniciativa do servidor» e «notificacións
> transmitidas por iniciativa do cliente» son longas de máis.
>
> Igual habería que considerar traducir o concepto literal de push e pull
> para isto. Como estades a traducir o «push» e «pull» de Git, que
> conceptualmente é bastante similar (só que en vez de cliente-servidor
> son realmente entre iguais)?
>
> «Notificacións levadas» (que o servidor leva ao cliente) e
> «notificacións traídas» (que o cliente trae do servidor) acáeme mellor.
> Quizáis «de levar» e «de traer» sería menos propenso a confusión, pero
> dáme a sensación de que soan peor. Ou quizáis poidamos pensar noutra
> parella de palabras, pero sen entrar en palabras que sexan susceptibles
> de confusión en contextos próximos (p. ex. descargar, enviar,
> solicitar). Pensei en turrar/tirar, pero «turrar» non o escoitara antes
> e «tirar» ten connotacións negativas; gustábame «puxar», pero parece que
> pode significar ambas as dúas cousas.
>
> —
> ¹ https://ca.wikipedia.org/wiki/Tecnologia_de_tramesa_autom%C3%A0tica
>
> On 2020-08-06 12:37, Miguel Bouzada wrote:
>
> > Non me desgusta nada a opción:
> >
> > push notificaion → notificación do servidor
> >
> > pull notification → notificación do cliente
> >
> > IMHO que sexa do... no canto de ao... é máis claro e directo, aínda que
> > pode que nalgún contexto acaia o outro par
> >
> > O mér., 5 de ago. de 2020 ás 20:13, pd (<eukel...@gmail.com>) escribiu:
> >
> > unha traducción simple baseada no significado do concepto sería
> > "notificación ao cliente" (ou "notificación do servidor") para as
> > notificacións push e "notificación ao servidor" (ou "notificación do
> > cliente") para as notificacións pull
> >
> > Isto asume implícitamente unha arquitectura cliente/servidor non
> > necesariamente presente no termo inglés, pero na práctica estase a
> > asumir implicitamente esta arquitectura no uso habitual do termo
> >
> > On Tue, Aug 4, 2020 at 10:55 AM Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
> > wrote:
> >
> > Cada vez atopo máis a presenza de «push notification» e non temos unha
> > tradución para iso, ata o de agora limitabame a traducilo por
> > «notificación "push», pero creo que chegou a hora de buscar anha mellor
> > solución.
> > Buscando explicación de que é e como funciona este tipo de notificación
> > atopei:
> > https://www.qode.pro/blog/que-son-las-notificaciones-push/
> > ou no blog do choio de Fran (se é que non cambiou)
> >
> https://blog.opennemas.es/articulo/articulos/notifications-push-que-son-como-funcionan/20190401130348002240.html
> >
> > A alguén se lle ocorre algún xeito de tradución?
> >
> > --
> >
> > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> > http://galpon.org
> > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
> > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
> >
> > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> > proxecto@trasno.gal
> > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> > Trasno
> > - Cancelar a subscrición  no URL:
> >
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7010&h=69c9bba81034c85566b197833dc1f1ef9604ad96&sa=762977290
> > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> > proxecto@trasno.gal
> > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> > Trasno
> > - Cancelar a subscrición  no URL:
> >
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7023&h=484a7f53fdeef2a3a20da2c5cee7aa8c0617c5c7&sa=115412029
>
> --
>
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL:
>
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7024&h=517e2b5c1c134af64ec34510b6d04716fded4dd1&sa=281549831
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición no URL :
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7038&h=2924045db9b4fe1253c139157a378000e8e69d08&sa=1477693244
>
>

-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7040&h=11b44ba8daf1555bae29fdb0ad17e35c5c824063&sa=1824671108

Responderlle a