On Mon, Aug 24, 2020 at 10:15 PM Adrian Chaves <adr...@chaves.io> wrote:

> Eu non o acabo de ver.
>
> Os dous tipos de notificacións son notificacións do cliente ao servidor,
> a única diferencia é quen toma a iniciativa para que se produza a
> entrega, se o servidor (push) ou o cliente (pull). Polo tanto as dúas
> serían «notificacións do servidor», e ningunha delas sería realmente
> unha «notificación do cliente».
>
>
non estou dacordo con esta definición, nun intercambio de información ésta
sempre vai nos dous sentidos polo que a única posibilidade de estabelecer
unha direccionalidade é no inicio da comunicación, qué extremo inicia á
comunicación (ou as veces cal é a dirección da información principal).
Neste senso unha notificación push é sempre comunicación do servidor para o
cliente e unha notificación pull ao contrario. Nun entorno de notificacións
push o cliente simplemente reacciona ás notificacións enviadas polo
servidor, intercambiando información (respondendo ao servidor) ou non, pola
contra nun entorno de notificacións pull é o cliente o que inicia a
comunicación (normalmente solicitando información)

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7045&h=6b1d3ab725fbeaad78906fe2c5bd3c8c580d109c&sa=1314738984

Responderlle a