O que describes é o que tiña en mente, igual non o expresei ben. Pero 
entendo que a opción de traer/levar é coherente co que describes.

On 2020-09-01 19:38, pd wrote:

> On Mon, Aug 24, 2020 at 10:15 PM Adrian Chaves <adr...@chaves.io> 
> wrote:
> 
>> Eu non o acabo de ver.
>> 
>> Os dous tipos de notificacións son notificacións do cliente ao 
>> servidor,
>> a única diferencia é quen toma a iniciativa para que se produza a
>> entrega, se o servidor (push) ou o cliente (pull). Polo tanto as dúas
>> serían «notificacións do servidor», e ningunha delas sería realmente
>> unha «notificación do cliente».
> 
> non estou dacordo con esta definición, nun intercambio de información 
> ésta sempre vai nos dous sentidos polo que a única posibilidade de 
> estabelecer unha direccionalidade é no inicio da comunicación, qué 
> extremo inicia á comunicación (ou as veces cal é a dirección da 
> información principal). Neste senso unha notificación push é sempre 
> comunicación do servidor para o cliente e unha notificación pull ao 
> contrario. Nun entorno de notificacións push o cliente simplemente 
> reacciona ás notificacións enviadas polo servidor, intercambiando 
> información (respondendo ao servidor) ou non, pola contra nun entorno 
> de notificacións pull é o cliente o que inicia a comunicación 
> (normalmente solicitando información)
> 
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto 
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7045&h=9803e795af8839ef478083a2410f039830b9abed&sa=604646183

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7046&h=0e32c8b405b1667f0c2098edc38a2370e92005a9&sa=1402331638

Responderlle a