> Hoxe en día, véxoa como un termo co sentido de «valoración, aprobación, > aplauso» e non como un verbo. > Descoñezo o uso que ten fora do facebook e afíns, pero con base neste non atopo que a tradución asociada a "gustar" sexa en xeral, correcta. En ocasións si gustas do contido, pero noutras a rección é a oposta, e noutras simolemente daslle porque ques seguir sabendo desa persoa, aínda que a súa enésima foto da árbore do nadal ou traxe de baño ou mesa de terraza ou... cha traia ao pairo. Entendo que en xeral, no fb, non é o mesmo o like en "cantos likes tés" (unha totalizacion das reaccions, sexan like, risa, enfado, ...) que o like nesa restra de iconas que saen alí no lugar ese. E o chungo do tema é que a primeira ícona ten dous significados: o de cando escolles entre todas as alternativas (que mola), e o outro, que pode ser que mola o contido ou que ti segues aí. E isto é todo o que teño que dicir.
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7147&h=0bed2cc5ee08fdbde877e3d93648a4a4e26e1359&sa=24052548
