Se non queres comerte moito a cabeza, facer un .oxt é tan fácil como coller
o de mancomun, renomealo a .zip, descomprimir, mudarlle os arquivos .aff e
.dic polos novos, comprimir a .zip, mudarlle a extensión a .oxt e
distribuír. Tampouco debería ser moi difícil elaboralo de cero con netbeans
e o OOo api plugin.
Sigo estando en desacordo con que se eliminasen as grafías. ;)

2010/6/6 Antón Méixome <cert...@certima.net>

>
>
> 2010/6/6 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
>
> Bueno, estiven algo atarefado, pero hoxe tiven tempo para aplicar o falado
>> na
>> lista de correo.
>>
>>  Apliquei os parches que me mandou Solla de correccións nas formacións
>> verbais (gústame isto dos parches).
>>
>>  As letras que non forman parte do alfabeto galego non están incluídas.
>> Porén, as palabras presentes no VolGa que as utilizan seguen sendo
>> completamente válidas.
>>
>>  Engadidas ao gl.dic as palabras: gray, becquerel, estereorradián e katal.
>> Asemade, á unidade «henry», que xa estaba presente, lle engadín a forma
>> plural.
>>
>>  Agora o corrector dá por válido °, que ademais de utilizarse ─como forma
>> alternativa─ para escribir °C, utilízase para escribir graos de ángulos
>> (por
>> exemplo: 90°).
>>
>>  Asemade, engadín o signo de puntuación «─», que ata agora estaba como
>> incorrecto. É o que utilicei no parágrafo anterior, e escríbese na
>> disposición
>> de teclado «es» mediante a combinación de teclas «Alt Gr + Maiús + ,».
>> Asumo
>> que é o carácter unicode correspondente a dita función. Se non o é, que
>> alguén
>> mo indique (e a poder ser que me indique tamén cal é o correcto para dita
>> función, pois teño claro que non é o guión «-»).
>>
>>  Engadido queda tamén o símbolo da suma (+), que non é raro de ver nun
>> texto
>> corrente, así coma o símbolo de igual (=).
>>
>>  Engadidos os símbolos internacionais de linguas: ar, br, ca, cy, da, de,
>> el,
>> eo, es, eu, fi, fr, gl, it, ja, ko, la, nl, oc, pt, ro, ru, sv, zh.
>>
>>  Engadíronse todos os símbolos monetarios internacionais listados en
>> «http://www.xe.com/iso4217.php». Engadíronse tamén os comentados por
>> Antón de
>> antigas moedas europeas.
>>
>>  Non engadín ningunha abreviatura de materia nin de nada (e estou pensando
>> en
>> “comentar” as que xa están presentes) dado que o corrector ignora o punto
>> á
>> hora de corrixir, polo que as dá como malas aínda que estean presentes no
>> gl.dic. Descoñezo se existe unha solución para isto (aparte de que pode
>> que
>> engadindo o punto á variable WORDCHARS quizais por consola os trague o
>> corrector). Non sei se isto se podería solucionar co uso de regras de
>> composición (COMPOUNDRULE, e outras), pero de momento non atopei ningún
>> exemplo deste tipo de regras ao que botar mano para entendelas. A
>> documentación do hunspell deixa bastante que desexar, a verdade.
>>
>> E agora a outras cousas. É unha mágoa non saber como solucionar o do punto
>> das
>> abreviaturas (sen ter que dar por boa a abreviatura sen punto). A ver se
>> algún
>> de vós sabe ou se lle ocorre como facelo.
>>
>>
>
>> Tedes os ficheiros en http://karalladas.co.nr/hunspell-gl (collédeos
>> antes de
>> que me quiten o dominio ;).
>>
>>
> Vou facer unha cousa e tampouco pido permiso para facela :-)
>
> Subo estes ficheiros (grazas Adrián) ao blog de openoffice; crearei unha
> sección sobre o corrector e así estarán nun lugar lóxico e accesible. Tamén
> engadirei os que están agora activos oficialmente así como da modificación
> inicial de Miguel Solla.
>
> Meterei tamén nesa sección outros complementos e utilidades lingüísticas
> que teñan que ver con OOo.org. Só coa finalidade de ordenación porque senón
> dentro de 6 meses non hai quen se aclare.
>
> Entre as cousas que teño previstas está tamén o empaquetado mediante un
> .oxt para a instalación do corrector sobre unha versión que non sexa nativa
> en galego.
>
> @Adrián @Solla
> En primeiro lugar, grazas por traballar nisto. Debido ao enorme problema
> que significa non dispoñer de documentación sobre o hunspell creo que sería
> moi útil que fixerades algo ao respecto. Por exemplo, creando algún artigo
> ou documento que se puidese seguir para principiantes (cousas que sabemos,
> cousas que non, roldas e persoas involucradas, regras, ... vós sabedes. Eu
> non)
>
> Só teriades que aceptar a licenza para contidos do blog (CC by-sa)
>
>
>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a