> > E por último, teño moitas dúbidas de cando empregar o til na conxunción
> > do "a" (á). Hai algún pdf ou manual que o explique ben?
> 
> Home
>  http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_O_artigo
> 
> pero intúo que os problemas non son eses senón cando tes que usar, ou non,
> a preposición A (non conxunción) que se combina co artigo A
> 
> Informar á usuaria (A+A) > Informar a usuaria (A)
> 
> Nestes casos toma como norma práctica o seguinte: en galego non se utiliza
> a preposición A nos Complementos directos agás cando ese complemento sexa
> un nome propio.
> 
> Informar á Compañía Telefónica
> 
> Certamente o resultado pode chamar un pouco a atención sobre todo a
> falantes novos porque temos ese castelanismo moi metido.

Entón «infórmase os usuarios» en vez de «infórmase aos usuarios»? Pregúntoo 
por deixalo claro ─que me custa asimilalo─.

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a