2010/7/2 Xabier Villar <[email protected]> > > > 2010/7/2 Antón Méixome <[email protected]> > >> Despois de consultalo un chisco: >> >> Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai) será >> difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete incorrecta. >> Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico: >> >> A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar o >> pronome ( InstalouNOS a NOS ese aplicativo) >> A + un, outro... >> A + todo/s... >> A + calquera >> ... >> >> Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o >> outro) >> >> A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a forma >> "moderna" en galego...) >> >> Sempre voto aos meus/os meus >> Atopei aos/os demais confundidos >> >> O problema está a partir de aquí. >> >> Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir o SUX >> con el. >> Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate. >> >> A radio informa os/aos composteláns >> As manchas de sangue delataron o/ao ladrón >> >> Eu optaría pola forma máis conservadora: >> >> A radio informa os composteláns >> As manchas delatan o ladrón >> >> Por que hai debate? >> Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués (segundo >> din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego presenta >> unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o SUX (o >> axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa é >> precisamente a estrutura contraria ao habitual >> >> O neno vence as dificultades (+humano, -humano) Como se pode ver non >> aparece o -A- >> O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano) Pode aparecer o -A- como >> reforzo >> A primavera vence o inverno (-humano, - humano) Idem >> >> >> Creo que quedan claras dúas cousas >> >> - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas construcións >> correctas como para considerar algunhas delas incorrectas >> - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode >> perfectamente variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo >> fortemente presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos >> resistencia, acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de >> "restaurar" senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo. >> >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> > Eu non entro a discutir en termos gramaticais, porque non teño moita idea, > pero sempre me guiei polo que acostumo a oír na fala. Tal e como ti escribes > as frases > > > A radio informa os composteláns > As manchas delatan o ladrón > > eu leríaas con o pechado, mentres que se eu constrúo a frase diríao con o > aberto, representando a + os/o, e polo tanto escribiríao con til. Imaxino > que é unha de tantas variantes locais, ou pode ser influencia do castelán (a > intuición dime que non, pero...); coméntoo por se aporta algo ó debate. >
Ola Xabier, agradézoche o comentario Non son variantes locais, senón máis ben xeracionais. Os falantes máis novos, por influencia do castelán evidente, tenden a construír como dis ti con "o" aberto (é dicir con A+O). É correcto? A Norma non di nada porque non entra ata o día de hoxe en cuestións sintácticas. Se cadra cunha perspectiva comparativa co castelán vese máis claro: Eu creo que se trata dun límite que non debemos pasar entre idiomas: mentres o castelán constrúe con OI o galego faino tradicionalmente con OD, como se pode comprobar cunha substitución pronominal A radio informa os composteláns > Infórmaos / *Informalles La radio informa a los compostelanos > Les informa / *Los informa As manchas delatan o ladrón > delátano / *delátanlle Las manchas delatan al ladrón > Le delatan / Lo delatan (?) CONCLÚO Que, permitir hoxe en día o uso da preposición no rexistro escrito, é deixar pasar un castelanismo moi grave porque afecta á estrutura tradicional do idioma, altera as semántica e leva a non diferenciar o OD do OI. E iso sen entrar nos problemas de laísmo e leísmo do castelán, que esa é outra. > A ver se se establece unha norma ó respecto, porque xa teño tendencia a > empregar «ó» por «ao» e similares, e se porriba debe ir sen til... :P > > Sería unha norma de estilo. Para min entra dentro da calidade de lingua e aplícoa como criterio de corrección por analoxía coas Normas: Sempre que se poida construír unha oración clara, sen ambigüidades e sen preposición A, debe preferirse a) por fidelidade ao estilo tradicional galego e b) por harmonía co portugués c) por pragmatismo que lle permita ao usuario distinguir o que é preciso distinguir Se o prefires, en relación cos principios da Norma ortográfica da RAG Principio 1 «... a norma debe acoller un galego fiel a si mesmo e limpo de canto de alleo innecesario hai incrustado na fala viva pola presión do cas- telán. É dicir, a lingua común debe ser o máis galega posible, establecida sen sometementos nin dependencias, con atención escrupulosa á estrutura e características lingüísticas do galego.» Principio 3 3. O galego común debe seguir as boas tradicións da antiga lingua galega que sexan compatibles coa maneira de ser moderna da lingua, de xeito que as formas tradicionais sexan preferidas ás máis innovadoras e evolucionadas....» Principio 4 «As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, evitando que o galego adopte solucións insolidarias e unilaterais naqueles aspectos comúns a todas elas....» > -- > > Xabier Villar > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

