2010/7/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2010/7/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> > Despois de consultalo un chisco:
> >
> > Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai) será
> > difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete
> incorrecta.
> > Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico:
> >
> > A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar o
> > pronome ( InstalouNOS a  NOS ese aplicativo)
> > A + un, outro...
> > A + todo/s...
> > A + calquera
> > ...
> >
> > Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o
> outro)
> >
> > A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a
> forma
> > "moderna" en galego...)
> >
> > Sempre voto aos meus/os meus
> > Atopei aos/os demais confundidos
> >
> > O problema está a partir de aquí.
> >
> > Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir o
> SUX
> > con el.
> > Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate.
> >
> >   A radio informa os/aos composteláns
> >   As manchas de sangue delataron o/ao ladrón
> >
> > Eu optaría pola forma máis conservadora:
> >
> >   A radio informa os composteláns
> >   As manchas delatan o ladrón
>
> Entón en galego sería como en inglés, non?
>
> The radio informs the "composteláns"
>

Si

Ollo cos automatismos... cando na oración aparece outro OD (ou semellante),
o que leva A é xa un OI e daquela é obrigado o uso de A:

A radio informa diso aos composteláns


   A proper server always shows all files, but some broken servers hide
files from the user.

   Un servidor cun comportamento apropiado mostra todos os ficheiros mentres
que algúns servidores disfuncionais OCÚLTANLLES FICHEIROS (--OD--) AOS
USUARIOS (--OI--).

Nese caso sería incorrecto dicir «ocúltanlles ficheiros os usuarios». Non é
que sexa incorrecto iso, é que significa outra cousa porque "os usuarios" é
un SUX. Todo depende do verbo concreto e da construción que rexe para unha
acepción determinada. A sintaxe das linguas latinas é moito máis
significativa (relevante) cá do inglés.



> > Por que hai debate?
> > Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués
> (segundo
> > din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego
> presenta
> > unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o SUX
> (o
> > axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa é
> > precisamente a estrutura contraria ao habitual
> >
> > O neno vence as dificultades (+humano, -humano)  Como se pode ver non
> > aparece o -A-
> > O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano)   Pode aparecer o -A- como
> > reforzo
> > A primavera vence o inverno (-humano, - humano)   Idem
> >
> >
> > Creo que quedan claras dúas cousas
> >
> > - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas construcións
> > correctas como para considerar algunhas delas incorrectas
> > - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode
> perfectamente
> > variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo fortemente
> > presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos
> resistencia,
> > acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de
> "restaurar"
> > senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo.
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a