Ola, Reincidir no dito, *precisamos ideas para organizar o calendario de actividades do ano que ven* xa que estamos convocados todos os LUGs a renovar o convenio coa SXMIT para o 2011. As reunións para o convenio comezan cunha reunión este día 2Dec e probablemente supoñerán unhas 2 sesións máis que rematen na sinatura deste, calculo, que sobre Marzo. Obviamente, se asinamos o convenio dependerá de que votedes a favor disto. O meu voto persoal nestes momento é un "non".
Engadir que é positivo que teñamos actividades en colaboración con outros LUGs e se coñecedes posibilidades de colaboración, adiante!. Resumo as cousas que se me ocorren e outras que xa se comentaron: - Repetir a *trasnada e convertila nun evento que celebremos dúas veces por ano, e lugares sempre diferentes*. Propoño para o ano levala a algun lugar de Lugo e outro de Ourense, provincias que temos "desatendidas" e das que non hai (ou case non hai) xente no proxecto. A canda este evento podemos celebrar as asembleas da asociación. Seguro que Galite e Ousli nos poden brindar apoio para organizar cousas por alí. - Repetir o *curso de tradución na UVigo*. En Vigo están as carreiras de tradución e son un target importante para "recrutar" novos localizadores. - Repetir a *colaboración no Cinestable* (concurso de curtas en CC) con Inestable.org. - Elaborar, editar e imprimir unha *guía de localización* partindo das que xa temos actualmente. - Elaborar colaborativamente un *manual de localización* e facer unha tirada del. - *Conferencia de localizadores das linguas da península ibérica*. Este sería un "macroevento" para o cal necesitariamos a colaboración doutro LUGs ou en colaboración cunha OSL. Ocórreseme OSL da UDC e GPUL ou OSL da USC co GLUG. Con isto no quero dicir que queira que fagamos todos eses eventos. Son posibilidades. Máis? 2010/11/18 Miguel Bouzada <[email protected]> > > > Pensamos nunha macroxornada do tipo "Xornadas de tradutores >> > galego-lusofonos" ou "Xornada de tradutores ibéricos" en plan venres >> tarde >> > ata domingo de mañá ? >> > Esta sería unha acción que requiriría de moita axuda por parte de todos >> vos, >> > polo que precisaríamos dalgún compromiso pola vosa parte. >> >> Algo disto creo que poderia levar meses organizalo. Dígoo vendo o >> choio que nos deu o curso da UDC. Pero sería moi interesante conseguir >> xuntar a tradutores de tres ou catro idiomas diferentes para comparar >> notas e compartir experiencia e coñecementos. Se ademais participa >> xente do ámbito da tradución profesional aínda podería ser máis >> interesante. >> >> > Sería preciso comezar xa co tema para poder facer esa xuntanza cara a datas > de remate de vacacións e previas ao comezo do curso (setembro) e dende logo > que vai seren complexo, por iso digo que todos teremos que botar unha man, > aínda que só sexa facendose cargo de xestionar os contactos de correo :-) > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

