2010/11/22 mvillarino <[email protected]>: >> Engadir que é positivo que teñamos actividades en colaboración con outros >> LUGs e se coñecedes posibilidades de colaboración, adiante!. > > Neste sentido, podíamos estabelecer unha rolda de contactos, para ver > en que poden estar interesados outros grupos. > >> Repetir a trasnada e convertila nun evento que celebremos dúas veces por >> ano, e lugares sempre diferentes. > > Eu apoio a opcion de facer unha Trasnada (reunión de caracter aberto, > pero con contidos orientados a persoas con experiencia previa), cunha > frecuencia como mínimo anual, e data coincidente coa asemblea da > asociación; celebraríase en principio cada ano nun lugar diferente > segundo as posibilidades do momento. > >> Repetir o curso de tradución na UVigo. En Vigo están as carreiras de >> tradución e son un target importante para "recrutar" novos localizadores. >> Elaborar, editar e imprimir unha guía de localización partindo das que xa >> temos actualmente. >> Elaborar colaborativamente un manual de localización e facer unha tirada >> del. > > Estaría ben facer ese manual/guia de L10n elaborada colaborativamente. > O seu contido debería coincidir co dos cursos de L10n que poidamos > dar. > Neste sentido, habería que ir rulando entre: > a) Campus con presenza de titulacións de: grao en enxeñarías > informáticas (Elviña / Ourense) --temos contactos en ourense? > b) Campus con presenza de titulación de tradución e interpretación > (Vigo, Campus de As Lagoas-Marcosende) > c) Campus con presenza de titulacións en filoloxías > galega/portuguesa/hispanica/inglesa (Rediola, non sei onde) > > d) FP con ciclos formativos da área de Informática e comunicacións, e > en concreto CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas ( > https://www.edu.xunta.es/fp/files/oferta/oferta1011/oferta_ordinario_clasificada_por_familia_2010_11.pdf). > Aquí convén facer as actividades formativas en conxuncion cos GUL > locais -- Hai en A Coruña, Ferrol, Santiago, Ribeira, Lugo, Ourense, > Lalín, Marín e Vigo. > Neste caso, d), reduciríase o contido a 1/2 día ou dous 1/2 días, > segundo o que se puidese artellar co centro e GUL.
En Marín estaba o instituto "Chan do Monte" onde o software libre ten moito pulo, se mal non lembro. No instituto onde eu fixen FP tamén había algún profesor que promocionaba o SL e incluso traducía, pero non sei se seguirán por alí. >> Conferencia de localizadores das linguas da península ibérica. Este sería un >> "macroevento" para o cal necesitariamos a colaboración doutro LUGs ou en >> colaboración cunha OSL. Ocórreseme OSL da UDC e GPUL ou OSL da USC co GLUG. > > Ben.... isto é tan gordo que merece un fio á parte. Para 2011 non. > > Entramos na seccion de actividades de futuro (para as que non estamos > aínda moi centrados): > > O que di Antón do proxecto Abalar é certo: convén ir contactando con > asociacións do estilo da AS-PG (Asociacion socio-pedagóxica galega) e > semellantes (digo esa porque é da que sei o nome), dado que supoño que > será do profesorado de lingua galega e afíns dos que poida surxir o > interese, que cumpre canalizar cara a trasno. Tamén deles pode sacarse > interese en facer as xornadas en centros de secundaria. > > Idem para a Asociación profesional de tradutores. Por probar non se perde > nada. > > E certamente: hai que ter como actividade a melloría no software que > desenvolve/emprega trasno: tiboxe e glosima. Isto debe facerse na > medida do posíbel mediante o GSoC e análogos (hai + polo mundo a > adiante) e os PFC das universidades (descoñezo se hai algo así para o > FP, de habelo, cumpriría ver como o podemos ir metendo). Xa o dixen na > comida o venres: nos temos o know-how, quen queira ter un produto > desenvolto ten que tirar del. E non debemos racanealo, mentres a > licenza sexa libre e o produto multiplataforma. > > >> Repetir a colaboración no Cinestable (concurso de curtas en CC) con >> Inestable.org. > > > > [Off-topic] Sabe alguén como carallo poñer unha vista en árbore das > mensaxes dun fío nesta merda de gmail? > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

