> Engadir que é positivo que teñamos actividades en colaboración con outros > LUGs e se coñecedes posibilidades de colaboración, adiante!.
Neste sentido, podíamos estabelecer unha rolda de contactos, para ver en que poden estar interesados outros grupos. > Repetir a trasnada e convertila nun evento que celebremos dúas veces por > ano, e lugares sempre diferentes. Eu apoio a opcion de facer unha Trasnada (reunión de caracter aberto, pero con contidos orientados a persoas con experiencia previa), cunha frecuencia como mínimo anual, e data coincidente coa asemblea da asociación; celebraríase en principio cada ano nun lugar diferente segundo as posibilidades do momento. > Repetir o curso de tradución na UVigo. En Vigo están as carreiras de > tradución e son un target importante para "recrutar" novos localizadores. > Elaborar, editar e imprimir unha guía de localización partindo das que xa > temos actualmente. > Elaborar colaborativamente un manual de localización e facer unha tirada > del. Estaría ben facer ese manual/guia de L10n elaborada colaborativamente. O seu contido debería coincidir co dos cursos de L10n que poidamos dar. Neste sentido, habería que ir rulando entre: a) Campus con presenza de titulacións de: grao en enxeñarías informáticas (Elviña / Ourense) --temos contactos en ourense? b) Campus con presenza de titulación de tradución e interpretación (Vigo, Campus de As Lagoas-Marcosende) c) Campus con presenza de titulacións en filoloxías galega/portuguesa/hispanica/inglesa (Rediola, non sei onde) d) FP con ciclos formativos da área de Informática e comunicacións, e en concreto CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas ( https://www.edu.xunta.es/fp/files/oferta/oferta1011/oferta_ordinario_clasificada_por_familia_2010_11.pdf). Aquí convén facer as actividades formativas en conxuncion cos GUL locais -- Hai en A Coruña, Ferrol, Santiago, Ribeira, Lugo, Ourense, Lalín, Marín e Vigo. Neste caso, d), reduciríase o contido a 1/2 día ou dous 1/2 días, segundo o que se puidese artellar co centro e GUL. > Conferencia de localizadores das linguas da península ibérica. Este sería un > "macroevento" para o cal necesitariamos a colaboración doutro LUGs ou en > colaboración cunha OSL. Ocórreseme OSL da UDC e GPUL ou OSL da USC co GLUG. Ben.... isto é tan gordo que merece un fio á parte. Para 2011 non. Entramos na seccion de actividades de futuro (para as que non estamos aínda moi centrados): O que di Antón do proxecto Abalar é certo: convén ir contactando con asociacións do estilo da AS-PG (Asociacion socio-pedagóxica galega) e semellantes (digo esa porque é da que sei o nome), dado que supoño que será do profesorado de lingua galega e afíns dos que poida surxir o interese, que cumpre canalizar cara a trasno. Tamén deles pode sacarse interese en facer as xornadas en centros de secundaria. Idem para a Asociación profesional de tradutores. Por probar non se perde nada. E certamente: hai que ter como actividade a melloría no software que desenvolve/emprega trasno: tiboxe e glosima. Isto debe facerse na medida do posíbel mediante o GSoC e análogos (hai + polo mundo a adiante) e os PFC das universidades (descoñezo se hai algo así para o FP, de habelo, cumpriría ver como o podemos ir metendo). Xa o dixen na comida o venres: nos temos o know-how, quen queira ter un produto desenvolto ten que tirar del. E non debemos racanealo, mentres a licenza sexa libre e o produto multiplataforma. > Repetir a colaboración no Cinestable (concurso de curtas en CC) con > Inestable.org. [Off-topic] Sabe alguén como carallo poñer unha vista en árbore das mensaxes dun fío nesta merda de gmail? _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

