2010/11/18 Miguel Bouzada <[email protected]>: > Temos que presentar antes do 23 deste mes a programación de cursos e > actividades para o ano 2011. Gustaríanos que nos aportarades ideas para > cursos e ideas para outras actividades. Pensade que o que non incluamos > agora vai ser difícil facelo máis adiante. > > Eu pensei en traer a algún "gran especialista", quen se vos ocorre que poida > (dos do estado español, ou portugueses) que poidan interesarnos e que temas > ?
A min ocórreseme xente, pero é da outra punta do mundo como quen di, polo que moi viable non o vexo. > Falamos tamén de oficializar as trasnadas celebrando dúas ao ano, que vos > parece (é suxestión miña) que a 11a a fagamos no sur e a 11b , por exemplo > en Mugardos? (cito Mugardos xa que alí teremos, de seguro, moi boa acollida > se pensamos en facela durante as súas Xornadas de SwL ou durante o Kernel). Trasnada vai haber si ou si, polo menos unha. Durante a próxima suxiro tratar o tema do estilo. > Replicamos o curso actual que estamos a facer na UDC en Vigo ? Aquí deunos bastante guerra aínda tendo a inestimable axuda da OSL da UDC. Se estades dispostos a organizalo xente de Vigo eu en principio non vería problema. E se podemos reutilizar a maior parte do material realizado para o curso da UDC sería máis fácil. Polo de agora eu xa identifiquei certas carencias respecto ao curso que estamos desenvolvendo agora mesmo, pero mellor será esperar a rematalo para investigalo máis a fondo. > Pensamos nunha macroxornada do tipo "Xornadas de tradutores > galego-lusofonos" ou "Xornada de tradutores ibéricos" en plan venres tarde > ata domingo de mañá ? > Esta sería unha acción que requiriría de moita axuda por parte de todos vos, > polo que precisaríamos dalgún compromiso pola vosa parte. Algo disto creo que poderia levar meses organizalo. Dígoo vendo o choio que nos deu o curso da UDC. Pero sería moi interesante conseguir xuntar a tradutores de tres ou catro idiomas diferentes para comparar notas e compartir experiencia e coñecementos. Se ademais participa xente do ámbito da tradución profesional aínda podería ser máis interesante. Deica. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

