Quizais hai demasiada dispersión

Trasno

- Dúas xornadas de coordinación da asociación e interproxectos ao ano,
con actividades abertas (divulgación) e pechadas (socios e
colaboradores). De 1 día
- Mellora das ferramentas internas (deseño, documentación,
funcionalidades, servizos).
- Creación dun grupo dedicado á prensa e divulgación no ámbito
cidadán, especialmente con outros colectivos de interese e
incorporándose brutalmente ás redes sociais (aí entra o de
Cinestable).

Recrutamento tradutores/Formación software libre

- Replicar en Vigo e mellorar os materiais no que se poida (quizais
Santiago como curso de verán). De 4 días
- Facer un modelo de media xornada para levalo por centros de Fp ou de
Bacharelato. Quizais relacionado co día 17 de maio: Día de Internet e
Dia das Letras. Medio día

        Quería comentar que derivamos o noso foco de máis cara o mundo
informático (si, SwL), cando Trasno é sobre todo un proxecto de
tradución (g11n). Ademais, co programa Abalar debería nacer de modo
natural durante o vindeiro ano un grupo de profesores interesados en
mover estes temas. Quizais haxa que esperar un chisco para non andar
en realidades paralelas.

- Xestionar a recepción de alumnos en prácticas. Xa sei que non temos
sede física, pero precisamente neste sector, a rede é algo natural.
Non se podería facer algo para ter convenios relacionados cos PFC, con
prácticas de Máster, etc (prensa, márketin, desenvolvemento, lingua,
edición, deseño, etc) ? Polo menos ofrecerse, que ás veces non hai
onde facer esas prácticas, e se son minimamente remuneradas, terían
éxito seguro.

Non sería interesante establecer xa algún tipo de canle de
comunicación coa AGPTI en rede? Eles son profesionais e nos realizamos
unha actividade semellante ou creamos recursos nun ámbito que eles
descoñecen totalmente como funciona.

Presenza global

- A conferencia ibérica é súper atractiva (6 idiomas + inglés) pero
tería que ser co-organizada e cofinanciada. Nós podemos adiantar sede.
Podería ser un obxectivo publicar en conxunto un glosario de
localización ibérico multilingüe de sobre 3000 palabras (Sophie
Gautier de LibreOffice, acaba de publicar un de máis de 14000
entradas). Daríanos publicidade global.

En todos eles debemos conseguir unha compensación económica para os
relatores, ou parecido. Dito doutra maneira: facer aquelas actividades
con financiamento bastante que nos beneficien tamén a nós ou supoñan
un incremento do noso "valor" no mercado. De nada aproveita que
andemos arrastrando.

Ora ben

Se hai que escoller prefiro unha única actividade constante e
transcendente que 10 foguetes ao aire. Se non é posible nada máis
entón centrémonos na actividade de Trasno propiamente.




2010/11/21 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Miguel Branco:
>> Vía twitter chégame unha proposta« Seria xenial que fixerades un curso para
>> rapaces de ciclos de fp (informatica), para animalos ó uso do software
>> libre e o galego.»  Algunha idea de como enfocar isto?
>
> Mentres os cursos non estean restrinxidos aos universitarios, o único
> necesario sería facerlle publicidade nos centros de FP.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a