2010/11/21 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

> Vía twitter chégame unha proposta« Seria xenial que fixerades un curso
> para rapaces de ciclos de fp (informatica), para animalos ó uso do software
> libre e o galego.»  Algunha idea de como enfocar isto?


A proposta non me parece nada mal. A verdade é que os ciclos están bastante
esquecidos ultimamente. Véxoa factible, vamos. Aínda que habería que contar
con apoio económico por partes dos institutos.

A min ocórreseme que como estamos bastante desperdigados pola xeografía
galega, sería factible mandar propostas formais ós institutos dos arredores
que conten con ciclos de informática. Penso que desta maneira sería posible
cubrir unha boa parte do territorio.

Se lles interesa o tema e están dispostos a pagar unhas dietas, pódese
amañar para que a cada sitio se despracen os que se atopen máis preto (e
lles sexa posible, obviamente).

Serían xornadas de medio día ou así, con material común para tódolos sitios.

Vamos, é o que se me ocorre así de socato. Tamén se podería pensar en
amplialas con material sobre localización e tal, pero bueno, penso que
facelas de máis de mediodía sería bastante complicado.


>
> @ grazas Patricia
>
> 2010/11/21 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>
>> Ola,
>>
>>    - *Conferencia de localizadores das linguas da península ibérica*.
>>    Este sería un "macroevento" para o cal necesitariamos a colaboración 
>> doutro
>>    LUGs ou en colaboración cunha OSL. Ocórreseme OSL da UDC e GPUL ou OSL da
>>    USC co GLUG.
>>
>> e en Vigo teriamos a GALPon! :)
>
>
>>
>>
>>
>> Con isto no quero dicir que queira que fagamos todos eses eventos. Son
>> posibilidades.
>>
>> Máis?
>>
>>
>> 2010/11/18 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>>
>>>
>>>  > Pensamos nunha macroxornada do tipo "Xornadas de tradutores
>>>> > galego-lusofonos" ou "Xornada de tradutores ibéricos" en plan venres
>>>> tarde
>>>> > ata domingo de mañá ?
>>>> > Esta sería unha acción que requiriría de moita axuda por parte de
>>>> todos vos,
>>>> > polo que precisaríamos dalgún compromiso pola vosa parte.
>>>>
>>>> Algo disto creo que poderia levar meses organizalo. Dígoo vendo o
>>>> choio que nos deu o curso da UDC. Pero sería moi interesante conseguir
>>>> xuntar a tradutores de tres ou catro idiomas diferentes para comparar
>>>> notas e compartir experiencia e coñecementos. Se ademais participa
>>>> xente do ámbito da tradución profesional aínda podería ser máis
>>>> interesante.
>>>>
>>>>
>>> Sería preciso comezar xa co tema para poder facer esa xuntanza cara a
>>> datas de remate de vacacións e previas ao comezo do curso (setembro) e dende
>>> logo que vai seren complexo, por iso digo que todos teremos que botar unha
>>> man, aínda que só sexa facendose cargo de xestionar os contactos de correo
>>> :-)
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a