Eu iríame ás recomendación da rae (se non me erro, feita nas ultima norma, a que acaba de saír), adaptación:
llingel



En 2011/01/04 12:13, Antón Méixome escribiu:
Difícil. O que determina a escrita destas palabras é a pronuncia frecuente: [yíngel] > /jingle/

Eu non o traduciría pero si que o marcaría como voz inglesa, en cursiva. Sería como («/jet/»). Temos algún caso recollido tal cal do inglés na norma como o de jockey (sen cursiva pois, e pronuncia [ioki]) ou jazz. Para iso se di que as letras -j-, -w- e -y- son complementarias do alfabeto.

A outra opción, que non recomendo, sería a adaptación. Habería dúas opcións

- Iingle? Non o vexo posible nin usado. A adaptación co -I- dáse sobre todo en ditongos (como «iudo») - Xingle? Adaptación como consoante, tipo «xúnior». Non a adecuada porque nos apartamos da pronuncia coñecida e habitual e debido a que queda ser resolver o principal que é a pronuncia da sílaba -gle- [gel], así que por un lado se forzaría a adaptación e por outro non se chega a nada. Non sei por que pero en galego soamente adaptamos con -x- os estranxeirismos que nos chegan a través do castelán e se adaptan aí como -j- (jersey > xersei; jeque> xeque). En cambio, se o castelán non os adapta á pronuncia -j- entón deixámolos tal cal : jet set, ionqui.

Por outro lado se as palabras son antigas ou do fondo histórico cultural entón é máis habitual a consoante. Lóxico: Xerusalén, Xehová, xota, ...

Resumidamente
Son casos soltos e contados. O galego non ten normas fixas nestes casos e a normativa menos. Van os casos asegún...



2011/1/4 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com <mailto:mbouz...@gmail.com>>

    Quería recibir opinións sobre se traducir ou non, eu creo que non,
    xa que é un termo xa alcuñado na terminoloxía radiofónica, o termo
    «jingle»
    http://en.wikipedia.org/wiki/Jingle
    http://es.wikipedia.org/wiki/Jingle

    En todo caso, cambiamos o J polo dobre l fonético ?? ... eu
    deixaría sempre «jingle» mais a ver que opinan os lingüistas ou
    quen teña mais e mellor información ca min.

    _______________________________________________
    Proxecto mailing list
    Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
    http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a