2011/1/4 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

> máis elementos
> http://www.linguee.es/ingles-espanol/traduccion/jingle.html
>

 http://www.linguee.com/english-portuguese/search?query=jingle




> 2011/1/4 damufo <dam...@gmail.com>
>
> Eu iríame ás recomendación da rae (se non me erro, feita nas ultima norma,
>> a que acaba de saír), adaptación:
>> llingel
>>
>>
>>
>>
>> En 2011/01/04 12:13, Antón Méixome escribiu:
>>
>>> Difícil. O que determina a escrita destas palabras é a pronuncia
>>> frecuente: [yíngel] > /jingle/
>>>
>>> Eu non o traduciría pero si que o marcaría como voz inglesa, en cursiva.
>>> Sería como («/jet/»).
>>> Temos algún caso recollido tal cal do inglés na norma como o de jockey
>>> (sen cursiva pois, e pronuncia [ioki]) ou jazz. Para iso se di que as letras
>>> -j-, -w- e -y- son complementarias do alfabeto.
>>>
>>> A outra opción, que non recomendo, sería a adaptación. Habería dúas
>>> opcións
>>>
>>> - Iingle? Non o vexo posible nin usado. A adaptación co -I- dáse sobre
>>> todo en ditongos (como «iudo»)
>>> - Xingle? Adaptación como consoante, tipo «xúnior». Non a adecuada porque
>>> nos apartamos da pronuncia coñecida e habitual  e debido a que queda ser
>>> resolver o principal que é a pronuncia da sílaba -gle- [gel], así que por un
>>> lado se forzaría a adaptación e por outro non se chega a nada. Non sei  por
>>> que pero en galego soamente adaptamos con -x- os estranxeirismos que nos
>>> chegan a través do castelán e se adaptan aí como -j- (jersey > xersei;
>>> jeque> xeque). En cambio, se o castelán non os adapta á pronuncia -j- entón
>>> deixámolos tal cal : jet set, ionqui.
>>>
>>> Por outro lado se as palabras son antigas ou do fondo histórico cultural
>>> entón é máis habitual a consoante. Lóxico: Xerusalén, Xehová, xota, ...
>>>
>>> Resumidamente
>>> Son casos soltos e contados. O galego non ten normas fixas nestes casos e
>>> a normativa menos. Van os casos asegún...
>>>
>>>
>>>
>>> 2011/1/4 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com <mailto:mbouz...@gmail.com>>
>>>
>>>
>>>    Quería recibir opinións sobre se traducir ou non, eu creo que non,
>>>    xa que é un termo xa alcuñado na terminoloxía radiofónica, o termo
>>>    «jingle»
>>>    http://en.wikipedia.org/wiki/Jingle
>>>    http://es.wikipedia.org/wiki/Jingle
>>>
>>>    En todo caso, cambiamos o J polo dobre l fonético ?? ... eu
>>>    deixaría sempre «jingle» mais a ver que opinan os lingüistas ou
>>>    quen teña mais e mellor información ca min.
>>>
>>>    _______________________________________________
>>>    Proxecto mailing list
>>>    Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
>>>
>>>    http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a