Hai moitos anos, cando viaxaba de curioso pola Galicia interior, escoitei
algunhas veces a expresión "medio home" referindose á posición do sol no
horizonte, cando este está tras a líña do horizonte, cando está a agocharse
ou a saír. No momento xusto anterior de tocalo, no anoitecer, ou de
separarse del, no amencer, era cando o sol era "un home".

comento esta figura por se dera algunha pauta para adoptar algún termo.


2011/1/17 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> > > do estraviz
> > >
> > > Crepúsculo
> > > s. m.
> > > (1) Claridade que precede o nascer do Sol ou segue à posta do Sol:
> > > crepúscuto matutino e crepúsculo vespertino.
> > >
> > > Entón: crepusculares
> >
> > A min convénceme. Mágoa que cortaran o acceso ao Digalego, non me
> > gusta depender dunha única fonte.
>
> Hostia, ocorréraseme nun principio pero por algún motivo pensara que só se
> correspondía cun momento do día (ou amencer ou anoitecer, non os dous). A
> verdade é que «crepuscular» parece ideal. O VOLGa confirma a súa existencia
> como adxectivo, o DRAG que «crepúsculo» son ambos os dous cambios de día, e
> mesmo aparece no DdD. Salvo que a alguén se lle ocorra algo mellor, creo
> que
> queda :) (moi boa, Marce).
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a