On Monday 17 January 2011 18:08:13 Miguel Bouzada wrote:
> Hai moitos anos, cando viaxaba de curioso pola Galicia interior, escoitei
> algunhas veces a expresión "medio home" referindose á posición do sol no
> horizonte, cando este está tras a líña do horizonte, cando está a agocharse
> ou a saír. No momento xusto anterior de tocalo, no anoitecer, ou de
> separarse del, no amencer, era cando o sol era "un home".
> 
> comento esta figura por se dera algunha pauta para adoptar algún termo.

Moi interesante, haberá que telo en conta á hora de revisar a tradución da 
campaña na que aparecen as unidades dese tipo, pode que lle acaia xenial a 
algunha tradución.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a