Admito que non o lin todo, pero só co primeiro que escribes entendo que suxires que as páxinas “man” son algo centralizado, cando cada aplicativo, ata onde eu sei, inclúe as súas propias páxinas “man”. Ou sexa, que realmente pode que algunhas páxinas “man” dalgúns aplicativos en concreto si que estean en galego, e as doutros aplicativos non.
Nota: acabo de confirmar as miñas sospeitas, as páxinas “man” de A batalla por Wesnoth están dispoñibles en galego. Dito isto, pode que estes falando de aplicativos fundamentais dos sistemas GNU, como coreutils e compañía. Ten en conta que para traducir software desenvolvido polo proxecto GNU hai que seguir unha serie de pasos (enviarlles un documento escaneado, máis nada, creo). Non todos os tradutores de Trasno seguiron dito procedemento, polo que non todos poden traducir esas páxinas para os aplicativos do proxecto GNU. En calquera caso, recoméndoche que descubras a que aplicativo corresponden as páxinas “man” concretas das que falas, e o comentes para que veamos cal é a súa situación, por que non está traducido, e como pode traducirse. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

