Non sei como serán as normativas do «disclaimer» da GNU (translationproject.org) exactamente pero poderían ser traducidas por unha persoa e logo alguén co paso do «disclaimer» feito remitir as traducións daquel primeiro.
Para atopar tódolos aplicativos, coido que tamén inclúen as respectivas páxinas do «man», debedes mirar en http://translationproject.org/domain/index.html Como falou Kaptan, ao traducir a meirande parte destes «paquetes» estarán dispoñíbeis para varias plataformas compatíbeis con POSIX. De todas meterse a traducir as páxinas man persoalmente eu tómoo como un «gran marrón», e eu (repito persoalmente) prefiro traducir noutros proxectos. Ademáis apoio isto co argumento de que se un usuario vai á terminal e executa man, cando menos ten os coñecementos, ou mesmo a curiosidade, necesarios como para seguir investigando ou mesmo de aprender inglés para entender ditas páxinas do «man». P.ex. non vexo a un usuario medio executando grep e menos aínda consultando a páxina do «man» do aplicativo grep. Non me entendades mal, non digo que non se deban traducir senón que eu, persoalmente, prefiro adicar o meu tempo de lecer na tradución de proxectos nas interfaces que os usuarios medios poidan empregar a cotío. Saúdos On Dom 25 Set 2011 01:09:48 CEST, Adrián Chaves Fernández wrote: > Admito que non o lin todo, pero só co primeiro que escribes entendo > que suxires que as páxinas “man” son algo centralizado, cando cada > aplicativo, ata onde eu sei, inclúe as súas propias páxinas “man”. Ou > sexa, que realmente pode que algunhas páxinas “man” dalgúns > aplicativos en concreto si que estean en galego, e as doutros > aplicativos non. > > Nota: acabo de confirmar as miñas sospeitas, as páxinas “man” de A > batalla por Wesnoth están dispoñibles en galego. > > Dito isto, pode que estes falando de aplicativos fundamentais dos > sistemas GNU, como coreutils e compañía. Ten en conta que para > traducir software desenvolvido polo proxecto GNU hai que seguir unha > serie de pasos (enviarlles un documento escaneado, máis nada, creo). > Non todos os tradutores de Trasno seguiron dito procedemento, polo que > non todos poden traducir esas páxinas para os aplicativos do proxecto > GNU. > > En calquera caso, recoméndoche que descubras a que aplicativo > corresponden as páxinas “man” concretas das que falas, e o comentes > para que veamos cal é a súa situación, por que non está traducido, e > como pode traducirse. > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

