2011/9/25 Kaptan <khan...@gmail.com>:
>
>> Admito que non o lin todo, pero só co primeiro que escribes entendo
>> que suxires que as páxinas “man” son algo centralizado, cando cada
>> aplicativo, ata onde eu sei, inclúe as súas propias páxinas “man”. Ou
>> sexa, que realmente pode que algunhas páxinas “man” dalgúns
>> aplicativos en concreto si que estean en galego, e as doutros
>> aplicativos non.
>
> Xa sei que as páxinas man pertencen a cadanseu aplicativo, por iso me
> referería a un conxunto global, ós que aporta GNU amais das que veñen
> "estandarizadas" en todas as distribucións. Por exemplo, cd, ls, grep e
> moitos comandos polo estilo veñen senón en todas, en case todas as
> distribucións, como dis, coreutils e compañía (creo que son as seccións 1,
> 2, 7 e 8 as que veñen por defecto).
> Falei disto porque pensei que sería algo máis centralizado, quero dicir, que
> non habería que ir programa por programa senón que sería algo tipo launchpad
> que alí estiveran as básicas e dende alí se traduciran e facer un paquete
> global.
> Vexo que hai un equipo de Trasno alí
> (http://translationproject.org/team/gl.html) pero que non é que ande moi
> actualizado, pois nun futuro a ver se me podo involucrar con isto, senón é
> moi engorroso.
>
>> Non me entendades mal, non digo que non se deban traducir senón que eu,
>> persoalmente, prefiro adicar o meu tempo de lecer na tradución de
>> proxectos nas interfaces que os usuarios medios poidan empregar a cotío.
>
> Comprendo, pero é que a min me parecen algo tan básico que me gustaría velas
> traducidas, pero evidentemente que é mellor traducir antes interfaces de
> cara ó usurio final.
>
> Un saúdo e gracias pola vosa atención.

O certo é que falta xente, e sobre todo para estes temas, falta xente
do "disclaimer". Eu cría que non o tiña, pero polo visto si que o
teño, o que me sorprendeu algo. Desgraciadamente non dispoño de tempo
para dedicarme a traducir máis proxectos dos que xa levo. Aínda máis,
estou reducindo o tempo que lle dedico así como os proxectos nos que
colaboro.

Sei que á xente non lle interesa moito traducir este tipo de cousas,
por ser pouco visibles, ou por outras razóns, e neste caso en
particular tampouco o fan por non teren o disclaimer. Pero se nun
futuro no que dispoña de algo de tempo hai a suficiente xente para
ocuparse das traducións da parte visible, que son nas que traballamos
normalmente, consideraría o traducir as páxinas man. Así que se Kaptan
se apunta a colaborar será benvido, e podería botarlle unha man para
comezar. Eu tamén estudo na UdC, ou máis ben estou rematando o meu
PFC, razón pola cal dispoño de tan pouco tempo.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a