Boas Adrián:
O de identificarse, se mal non entendín é para casos nos que realmente non accedes a nada máis só che piden que te identifiques para para poder continuar(acceder) ao resto do proceso.

Este foi sen dúbida o termo que máis tempo nos levou debatendo.

No caso por exemplo do Joomla!, onde viña empregando Identificarse / Saír ao anonimato, eu penso que segue acaendo mellor Identificarse (para acceder/continuar/obter permisos...), pero en canto á Saír ao anonimato, parece que non é moi correcta e pode levar a confusión polo que seguramente a mude por Saír da identificación, ou se se entende, deixar simplemente Saír.

En moitos outros casos con Acceder/Saír seguramente sexa suficiente sendo estes dous termos curtos.



En 2011/11/14 21:22, Adrián Chaves Fernández escribiu:
Sobre «log in», eu viña empregando o de «identificarse» como forma xeral, en
todos os casos. Podedes concretar para que casos quedou relegada, para que
«función específica»? (sendo «acceder» a que ha de empregarse xeralmente)

Un saúdo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a