Déixasme case nas mesmas. Entendo que, se se vai empregar «acceder», será para todos os casos para os que acae. E paréceme que os únicos casos para os que non acae e si «identificarse» sería para casos nos que a identificación non brinda beneficio algún.
A verdade é que non creo que casos coma ese haxa moitos. De feito, estaba a piques de dicir que non se me ocorría ningún, pero creo que acaba de ocorrérseme un en que «identificarse» acaería mellor que «acceder»: cando vas deixar un comentario nunha páxina dunha bitácora, moitas permiten publicar como anónimo, ou identificarte, xa sexa mediante correo electrónico e alcume ou mediante servizos como Facebook. Supoño que cando chegue o caso saberei. De momento, procurarei empregar «acceder». O Tuesday, 15 de November de 2011 06:44:53 damufo escribiu: > Boas Adrián: > O de identificarse, se mal non entendín é para casos nos que realmente > non accedes a nada máis só che piden que te identifiques para para poder > continuar(acceder) ao resto do proceso. > > Este foi sen dúbida o termo que máis tempo nos levou debatendo. > > No caso por exemplo do Joomla!, onde viña empregando Identificarse / > Saír ao anonimato, eu penso que segue acaendo mellor Identificarse (para > acceder/continuar/obter permisos...), pero en canto á Saír ao anonimato, > parece que non é moi correcta e pode levar a confusión polo que > seguramente a mude por Saír da identificación, ou se se entende, deixar > simplemente Saír. > > En moitos outros casos con Acceder/Saír seguramente sexa suficiente > sendo estes dous termos curtos. > > En 2011/11/14 21:22, Adrián Chaves Fernández escribiu: > > Sobre «log in», eu viña empregando o de «identificarse» como forma > > xeral, en todos os casos. Podedes concretar para que casos quedou > > relegada, para que «función específica»? (sendo «acceder» a que ha de > > empregarse xeralmente) > > > > Un saúdo. > > _______________________________________________ > > Proxecto mailing list > > [email protected] > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

