Boas:
Deixo aquí (en español) este fío no que tamén se discute a cuestión
http://forum.wordreference.com/showthread.php?t=89639
Vese que pensan sobre todo en web.


En 2011/11/15 07:52, Adrián Chaves Fernández escribiu:
Déixasme case nas mesmas.

Entendo que, se se vai empregar «acceder», será para todos os casos para os
que acae. E paréceme que os únicos casos para os que non acae e si
«identificarse» sería para casos nos que a identificación non brinda beneficio
algún.

A verdade é que non creo que casos coma ese haxa moitos. De feito, estaba a
piques de dicir que non se me ocorría ningún, pero creo que acaba de
ocorrérseme un en que «identificarse» acaería mellor que «acceder»: cando vas
deixar un comentario nunha páxina dunha bitácora, moitas permiten publicar
como anónimo, ou identificarte, xa sexa mediante correo electrónico e alcume ou
mediante servizos como Facebook.

Supoño que cando chegue o caso saberei. De momento, procurarei empregar
«acceder».

O Tuesday, 15 de November de 2011 06:44:53 damufo escribiu:
Boas Adrián:
O de identificarse, se mal non entendín é para casos nos que realmente
non accedes a nada máis só che piden que te identifiques para para poder
continuar(acceder) ao resto do proceso.

Este foi sen dúbida o termo que máis tempo nos levou debatendo.

No caso por exemplo do Joomla!, onde viña empregando Identificarse /
Saír ao anonimato, eu penso que segue acaendo mellor Identificarse (para
acceder/continuar/obter permisos...), pero en canto á Saír ao anonimato,
parece que non é moi correcta e pode levar a confusión polo que
seguramente a mude por Saír da identificación, ou se se entende, deixar
simplemente Saír.

En moitos outros casos con Acceder/Saír seguramente sexa suficiente
sendo estes dous termos curtos.

En 2011/11/14 21:22, Adrián Chaves Fernández escribiu:
Sobre «log in», eu viña empregando o de «identificarse» como forma
xeral, en todos os casos. Podedes concretar para que casos quedou
relegada, para que «función específica»? (sendo «acceder» a que ha de
empregarse xeralmente)

Un saúdo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a