Boas. Pois entón non o cambio, xa que con remove-deleter e o about vou ter traballo abondo.
Saúdos. 2012/3/21 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2012/3/21 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>: >> Boas. >> >> A min soábame raro, pero si que vin algo Leandro. E máis, empreguei a >> tbx das trasnadas para comprobar a terminoloxía e xa me pusen a >> empregar remove - retirar e delete - eliminar. Agora que terei que >> corrixir en todos os lugares. En en breve poreime con about - acerca >> de e hide - agochar e show - amosar, que sempre me gustaron máis. > > Sobre «hide» e «show» aínda non se decidiu nada, aínda que se intentou > xa. Pode que cando se decida quede doutro xeito. > > >> Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat >> Sería: Asistente da conta de conversas (ou de conversar, prefiro conversas) >> >> Chat network - Rede de chat (ou Provedor/Servidor de chat) >> Sería: Rede de conversas (eu prefiro Rede de mensaxaría instantánea, >> pero seguimos os acordos) >> >> Please choose the network of your chat account - Escolla a >> rede/provedor/servidor da súa conta de chat >> Escolla a súa rede de conversas (eu prefiro Escolla a súa rede de >> mensaxaría instantánea, pero seguiremos os acordos) >> >> You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de >> chat >> Aínda non configurou unha conta de conversas >> >> Let &brandShortName; guide you through the process of setting up your >> chat account - Permitir que o &brandShortName; o guíe no proceso de >> configurar a súa conta de chat. >> ...no proceso de configurar a súa conta de conversas >> >> Como xa dixen no seu momento, creo que está mal escrito en inglés, xa >> que me decanto máis por mensaxaría instantánea (MI) para o tema das >> redes, xa que estás configurando contas de twitter, facebook ou para >> chatear. >> >> Noutro momento mandarei unha mensaxe coas capturas de pantalla e >> comentando outros erros cometidos que vou subsanar agora que vin como >> quedaban na interface determinadas traducións. >> >> Non envío nada a rolda de galician.mozdev, xa que ninguén contestou. >> >> Saúdos. >> >> >> 2012/3/20 Leandro Regueiro <[email protected]>: >>> A ver. Isto discutiuse nas Trasnadas. Os resultados das Trasnadas >>> están publicados en http://trasno.net/content/resultados-das-trasnadas >>> concretamente o ficheiro TBX con todos os acordos está en >>> http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/glosario_trasnada11.1_so_recomendadas.tbx >>> e podedes abrilo co voso navegador web e incluso gardalo, e tamén >>> podedes buscar nel empregando directamente o navegador web xa que é >>> texto plano e premendo Ctrl+F incluso aforrades algo de tempo. >>> Perdoade a mala ostia. >>> >>> Por favor, antes de volver preguntar na rolda mirade antes os >>> resultados das Trasnadas. Pego aquí o acordado: >>> >>> «chat»=«conversa» >>> «chat»=«conversar» >>> «chat room»,«chatroom»=«sala de conversas» >>> >>> Deica >>> >>> >>> 2012/3/20 Antón Méixome <[email protected]>: >>>> Home, se funciona ben non vexo présa ningunha. Creo que te refires a >>>> "Conversas". >>>> >>>> Eu aínda vería mal poñer "chateos" aínda que nos refiramos "ao que >>>> fixemos no chat" . Valeríame "chats" (que é un pouco ambigüo porque >>>> tanto vale para a ferramenta como para o contido deitado nela) pero >>>> prefiro "conversas" porque tamén tes "Redactar mensaxe" cando se >>>> aplica concretamente a crear un correo novo. Quero dicir... o applet >>>> non é moi coherente en si mesmo pero para min ese grupo asocia >>>> "accións ou resultados de accións" e non obxectos, aplicativos ou >>>> cousas. O ideal sería que se chamase "Mensaxaría" pero é moito ir alén >>>> do orixinal inglés. >>>> >>>> Non sei >>>> >>>> >>>> El día 19 de marzo de 2012 21:56, Fran Dieguez <[email protected]> >>>> escribió: >>>>> Boa argumentación e mostra de exemplos. >>>>> >>>>> Entón que facemos? Loxicamente eu para GNOME 3.4 non vou cambiar todo >>>>> porque a súa publicación é inminente e non querería probalo antes. >>>>> Pero para GNOME 3.6 comezaríase a cambiar? >>>>> >>>>> Fran Diéguez >>>>> http://www.mabishu.com >>>>> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 >>>>> >>>>> On Lun 19 Mar 2012 18:39:58 CET, Antón Méixome wrote: >>>>>> Ía eu dicir que non había problema maior con usar «chat» directamente. >>>>>> >>>>>> Ás túas preguntas, propoño >>>>>> >>>>>> Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat >>>>>> Chat network - Rede de chat (ou Provedor/Servidor de chat) >>>>>> Please choose the network of your chat account - Escolla a >>>>>> rede/provedor/servidor da súa conta de chat >>>>>> You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta >>>>>> de chat >>>>>> Let &brandShortName; guide you through the process of setting up your >>>>>> chat account - Permitir que o &brandShortName; o guíe no proceso de >>>>>> configurar a súa conta de chat. >>>>>> >>>>>> %S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chatear, >>>>>> dialogar, conversar, falar) >>>>>> >>>>>> Conversations - Conversacións (conversas, diálogos) >>>>>> Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse >>>>>> aquí (CORRIXIR ACENTO: mostraranse) + (Amosaranse aquí as conversas, >>>>>> diálogos) >>>>>> >>>>>> Join chat - Entrar no chat >>>>>> Room - Sala >>>>>> Auto-join this Chat Room - Entra automaticamente nesta sala de chat >>>>>> >>>>>> >>>>>> O que me resulta rechamantísimo é o que dis de que non teñamos >>>>>> discutido ou acordado nada neste campo. Eu recordo debates pero xa non >>>>>> sei onde eran (igual foi nas listas de Mancomun, que non hai que >>>>>> esquecer, porque foron moi produtivas). >>>>>> >>>>>> Máis rechamante aínda. Resulta que Trasno, como grupo estreouse coa >>>>>> tradución dun programa deste tipo. Creo que foi X-Chat de Gnome. >>>>>> >>>>>> En todo caso, hai que considerar o que se leva facendo, e non só nós >>>>>> traducindo senón o uso social das palabras e fórmulas (cando son >>>>>> lexítimas, xustificables e non interferencias). Sumamos a aquelas >>>>>> antigas solucións: chat, conversa outras como mensaxaría (MI) ou >>>>>> diálogo pero para min non é o mesmo unhas que outras porque non cubren >>>>>> o mesmo campo. >>>>>> >>>>>> En breve. Conversa, diálogo son moi xenéricas (valen pero como >>>>>> sinónimos "hiperónimos", como sinónimos son mazá e froita), >>>>>> mensaxaría instantánea xa é máis concreto, porque é un medio de >>>>>> conversa a través dun aplicativo específico (de web, nube, móbil ou de >>>>>> escritorio) pero non tanto como "chat" que entendo se refire sobre >>>>>> todo a diálogo mediante texto (sen multimedia). O que os une a todos é >>>>>> ser un medio interactivo de comunicación pero son toda unha familia de >>>>>> conceptos. >>>>>> >>>>>> Desde o punto de vista do galego, chat é un neoloxismo, seguramente >>>>>> necesario. O feito de que tamén en inglés existan varias palabras que >>>>>> non son exactamente sinónimas (chat, conversation, IM, chatroom, etc) >>>>>> é un indicio, e un argumento para nós porque as necesidades dunha >>>>>> tradución precisa vannos levar á confusión se só utilizamos unha. Non >>>>>> creo que o francés e outros idiomas non se adapten tamén a esta >>>>>> realidade. >>>>>> >>>>>> Finalmente pero non menos importante quero traervos aquí documentación >>>>>> filolóxica en galego sobre o tema. O Observatorio de Neoloxía da Uvigo >>>>>> (http://neoloxia.uvigo.es/neo/) publicou no 2004 un Diccionario de >>>>>> novas palabras (396 páx.), que recolle entre 1997-2004 nada menos que >>>>>> 1160 entradas. Ese dicionario non só recolle senón que escolma, >>>>>> documenta, define e valora todos eses neoloxismos a un paso de >>>>>> converterse en palabras do acervo común do galego actual. >>>>>> >>>>>> Aquí están: >>>>>> >>>>>> chat sm Espazo virtual no cal se pode manter comunicación interactiva >>>>>> dentro de Internet. >>>>>> >>>>>> [PRENSA] Abrirase unha páxina en Terra e realizarase un chat coloquio >>>>>> que lles permitirá ós internautas propoñer temas e cuestións que se >>>>>> irán >>>>>> presentando. [OCG 17/03/00] // A partir de “Emilio Algalia” co que >>>>>> Leis entrou nun chat (servidor de diálogo) >>>>>> para deixa-la súa dirección en Internet. >>>>>> >>>>>> [OCG 05/12/98] // Termos como e-mail ou chat van pasar ó primeiro >>>>>> termo da realidade cotiá. [OCG 26/12/98] >>>>>> >>>>>> [INTERNET] No chat de Vieiros os temas serán desenvolvidos previamente >>>>>> nun web e logo presentarase a unha persoa de relevancia coa que se >>>>>> conversará en tempo real. [www. vieiros.com 08/05/02] // Por parte da >>>>>> Consellería de Educación procúrase comunicar a través de tódolos >>>>>> medios audiovisuais o desenvolvemento e o contido da lei en contacto >>>>>> directo con profesores e estudiantes e a través dos consellos sociais, >>>>>> incluídos medios como este chat. [www.grupoelprogreso.com 08/05/02] >>>>>> [1997-P] >>>>>> >>>>>> >>>>>> chatear vi Comunicarse a través do chat. >>>>>> >>>>>> [PRENSA] “Desta maneira integra Neira Cruz os novos soportes da >>>>>> información a esta historia, que conseguen un gran peso no relato ó >>>>>> comunicarse >>>>>> os protagonistas principais vía e-mail ou chateando, pero supeditado ó >>>>>> contacto directo, xa que, ó final, xorde o amor entre os dous mozos.” >>>>>> [OCG >>>>>> 08/03/00] // Un dos andares é un ciber, cun conxunto de terminais para >>>>>> acceder a interesantes fontes, chatear, participar en foros,... O >>>>>> outro andar é unha ludoteca con variadas ofertas para grupos de >>>>>> xogadores, xogos en solitario, información sobre xogos >>>>>> alternativos,... [TN 01/03/00] // (...)controlar de temas >>>>>> internáuticos ou mesmo chatear converteuse en tema de portada. [OCG >>>>>> 26/12/98] >>>>>> >>>>>> [INTERNET] E sería en 1991, durante a guerra do Golfo cando o feito de >>>>>> “Chatear” se converteu nunha útil ferramente para pór en contacto ós >>>>>> soldados destinados na operación Tormenta do Deserto cos seus >>>>>> familiares. [www.ulo.com 08/05/02] // ¿Como funciona o chat? ¿que >>>>>> programas debemos instalar para chatear? O chat funciona a través do >>>>>> navegador de páxinas web (o Netscape ou Explorer), polo que non >>>>>> necesita instalar ningún programa máis.[www.aponte.org 08/05/02] // >>>>>> Por exemplo, para chatear na rede hispana (en Galego, Euskera, Catalá >>>>>> e Castelán, basicamente), deberás ligar a irc.irchispano.org. Non é >>>>>> imprescindible, como é lóxico, poñe-lo nome e direccion de Correo >>>>>> Electrónico verdadeiros, pero si que é necesario, algún dato. >>>>>> [www.mirc.co.uk 08/05/02] >>>>>> >>>>>> >>>>>> chateo sm Acción de comunicarse a través do chat. >>>>>> >>>>>> [PRENSA] Despois de todo a ama de casa segue sen entende-lo enredo de >>>>>> opcións de microondas e o uso máis sofisticado do ordenador segue >>>>>> sendo o navegar na web ou participar nos chateos. [OCG 25/01/00] // Un >>>>>> chateo no que participaron os internautas, que se celebrou días >>>>>> posteriores ó peche da iniciativa, no que o alquimista das letras, >>>>>> defensor da inmediatez e da urxencia, concebiu outro relato máis, ipso >>>>>> facto. [OCG 02/01/00] >>>>>> >>>>>> [INTERNET] A Macro Páxina de 4x4, onde moitos aficionados poñen as >>>>>> suas páxinas. Tamén podes topar unha sección de consellos, coches >>>>>> roubados, >>>>>> chateo e moitísimas cousa máis.... Non ten perda!!!! [spi.4x4.nu >>>>>> 08/05/02] // >>>>>> ¿Coñeces o mIRC, o mellor programa de IRC/Chateo do mundo mundial? >>>>>> Pois xa podemos empregalo en galego gracias ao script desenvolto por >>>>>> RaMi (Rami Rodríguez Suárez); [www.galego21.org 08/05/02] // Non >>>>>> estará per- >>>>>> mitido o chateo xa que o uso fundamental será a busca de información >>>>>> ou temas culturais. [www.dicoruna.es 08/05/02]. >>>>>> [1999-P] >>>>>> _______________________________________________ >>>>>> Proxecto mailing list >>>>>> [email protected] >>>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>>> _______________________________________________ >>>> Proxecto mailing list >>>> [email protected] >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

