2012/3/21 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>: > Boas. > > A min soábame raro, pero si que vin algo Leandro. E máis, empreguei a > tbx das trasnadas para comprobar a terminoloxía e xa me pusen a > empregar remove - retirar e delete - eliminar. Agora que terei que > corrixir en todos os lugares. En en breve poreime con about - acerca > de e hide - agochar e show - amosar, que sempre me gustaron máis.
Sobre «hide» e «show» aínda non se decidiu nada, aínda que se intentou xa. Pode que cando se decida quede doutro xeito. > Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat > Sería: Asistente da conta de conversas (ou de conversar, prefiro conversas) > > Chat network - Rede de chat (ou Provedor/Servidor de chat) > Sería: Rede de conversas (eu prefiro Rede de mensaxaría instantánea, > pero seguimos os acordos) > > Please choose the network of your chat account - Escolla a > rede/provedor/servidor da súa conta de chat > Escolla a súa rede de conversas (eu prefiro Escolla a súa rede de > mensaxaría instantánea, pero seguiremos os acordos) > > You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de > chat > Aínda non configurou unha conta de conversas > > Let &brandShortName; guide you through the process of setting up your > chat account - Permitir que o &brandShortName; o guíe no proceso de > configurar a súa conta de chat. > ...no proceso de configurar a súa conta de conversas > > Como xa dixen no seu momento, creo que está mal escrito en inglés, xa > que me decanto máis por mensaxaría instantánea (MI) para o tema das > redes, xa que estás configurando contas de twitter, facebook ou para > chatear. > > Noutro momento mandarei unha mensaxe coas capturas de pantalla e > comentando outros erros cometidos que vou subsanar agora que vin como > quedaban na interface determinadas traducións. > > Non envío nada a rolda de galician.mozdev, xa que ninguén contestou. > > Saúdos. > > > 2012/3/20 Leandro Regueiro <[email protected]>: >> A ver. Isto discutiuse nas Trasnadas. Os resultados das Trasnadas >> están publicados en http://trasno.net/content/resultados-das-trasnadas >> concretamente o ficheiro TBX con todos os acordos está en >> http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/glosario_trasnada11.1_so_recomendadas.tbx >> e podedes abrilo co voso navegador web e incluso gardalo, e tamén >> podedes buscar nel empregando directamente o navegador web xa que é >> texto plano e premendo Ctrl+F incluso aforrades algo de tempo. >> Perdoade a mala ostia. >> >> Por favor, antes de volver preguntar na rolda mirade antes os >> resultados das Trasnadas. Pego aquí o acordado: >> >> «chat»=«conversa» >> «chat»=«conversar» >> «chat room»,«chatroom»=«sala de conversas» >> >> Deica >> >> >> 2012/3/20 Antón Méixome <[email protected]>: >>> Home, se funciona ben non vexo présa ningunha. Creo que te refires a >>> "Conversas". >>> >>> Eu aínda vería mal poñer "chateos" aínda que nos refiramos "ao que >>> fixemos no chat" . Valeríame "chats" (que é un pouco ambigüo porque >>> tanto vale para a ferramenta como para o contido deitado nela) pero >>> prefiro "conversas" porque tamén tes "Redactar mensaxe" cando se >>> aplica concretamente a crear un correo novo. Quero dicir... o applet >>> non é moi coherente en si mesmo pero para min ese grupo asocia >>> "accións ou resultados de accións" e non obxectos, aplicativos ou >>> cousas. O ideal sería que se chamase "Mensaxaría" pero é moito ir alén >>> do orixinal inglés. >>> >>> Non sei >>> >>> >>> El día 19 de marzo de 2012 21:56, Fran Dieguez <[email protected]> >>> escribió: >>>> Boa argumentación e mostra de exemplos. >>>> >>>> Entón que facemos? Loxicamente eu para GNOME 3.4 non vou cambiar todo >>>> porque a súa publicación é inminente e non querería probalo antes. >>>> Pero para GNOME 3.6 comezaríase a cambiar? >>>> >>>> Fran Diéguez >>>> http://www.mabishu.com >>>> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 >>>> >>>> On Lun 19 Mar 2012 18:39:58 CET, Antón Méixome wrote: >>>>> Ía eu dicir que non había problema maior con usar «chat» directamente. >>>>> >>>>> Ás túas preguntas, propoño >>>>> >>>>> Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat >>>>> Chat network - Rede de chat (ou Provedor/Servidor de chat) >>>>> Please choose the network of your chat account - Escolla a >>>>> rede/provedor/servidor da súa conta de chat >>>>> You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta >>>>> de chat >>>>> Let &brandShortName; guide you through the process of setting up your >>>>> chat account - Permitir que o &brandShortName; o guíe no proceso de >>>>> configurar a súa conta de chat. >>>>> >>>>> %S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chatear, >>>>> dialogar, conversar, falar) >>>>> >>>>> Conversations - Conversacións (conversas, diálogos) >>>>> Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse >>>>> aquí (CORRIXIR ACENTO: mostraranse) + (Amosaranse aquí as conversas, >>>>> diálogos) >>>>> >>>>> Join chat - Entrar no chat >>>>> Room - Sala >>>>> Auto-join this Chat Room - Entra automaticamente nesta sala de chat >>>>> >>>>> >>>>> O que me resulta rechamantísimo é o que dis de que non teñamos >>>>> discutido ou acordado nada neste campo. Eu recordo debates pero xa non >>>>> sei onde eran (igual foi nas listas de Mancomun, que non hai que >>>>> esquecer, porque foron moi produtivas). >>>>> >>>>> Máis rechamante aínda. Resulta que Trasno, como grupo estreouse coa >>>>> tradución dun programa deste tipo. Creo que foi X-Chat de Gnome. >>>>> >>>>> En todo caso, hai que considerar o que se leva facendo, e non só nós >>>>> traducindo senón o uso social das palabras e fórmulas (cando son >>>>> lexítimas, xustificables e non interferencias). Sumamos a aquelas >>>>> antigas solucións: chat, conversa outras como mensaxaría (MI) ou >>>>> diálogo pero para min non é o mesmo unhas que outras porque non cubren >>>>> o mesmo campo. >>>>> >>>>> En breve. Conversa, diálogo son moi xenéricas (valen pero como >>>>> sinónimos "hiperónimos", como sinónimos son mazá e froita), >>>>> mensaxaría instantánea xa é máis concreto, porque é un medio de >>>>> conversa a través dun aplicativo específico (de web, nube, móbil ou de >>>>> escritorio) pero non tanto como "chat" que entendo se refire sobre >>>>> todo a diálogo mediante texto (sen multimedia). O que os une a todos é >>>>> ser un medio interactivo de comunicación pero son toda unha familia de >>>>> conceptos. >>>>> >>>>> Desde o punto de vista do galego, chat é un neoloxismo, seguramente >>>>> necesario. O feito de que tamén en inglés existan varias palabras que >>>>> non son exactamente sinónimas (chat, conversation, IM, chatroom, etc) >>>>> é un indicio, e un argumento para nós porque as necesidades dunha >>>>> tradución precisa vannos levar á confusión se só utilizamos unha. Non >>>>> creo que o francés e outros idiomas non se adapten tamén a esta >>>>> realidade. >>>>> >>>>> Finalmente pero non menos importante quero traervos aquí documentación >>>>> filolóxica en galego sobre o tema. O Observatorio de Neoloxía da Uvigo >>>>> (http://neoloxia.uvigo.es/neo/) publicou no 2004 un Diccionario de >>>>> novas palabras (396 páx.), que recolle entre 1997-2004 nada menos que >>>>> 1160 entradas. Ese dicionario non só recolle senón que escolma, >>>>> documenta, define e valora todos eses neoloxismos a un paso de >>>>> converterse en palabras do acervo común do galego actual. >>>>> >>>>> Aquí están: >>>>> >>>>> chat sm Espazo virtual no cal se pode manter comunicación interactiva >>>>> dentro de Internet. >>>>> >>>>> [PRENSA] Abrirase unha páxina en Terra e realizarase un chat coloquio >>>>> que lles permitirá ós internautas propoñer temas e cuestións que se >>>>> irán >>>>> presentando. [OCG 17/03/00] // A partir de “Emilio Algalia” co que >>>>> Leis entrou nun chat (servidor de diálogo) >>>>> para deixa-la súa dirección en Internet. >>>>> >>>>> [OCG 05/12/98] // Termos como e-mail ou chat van pasar ó primeiro >>>>> termo da realidade cotiá. [OCG 26/12/98] >>>>> >>>>> [INTERNET] No chat de Vieiros os temas serán desenvolvidos previamente >>>>> nun web e logo presentarase a unha persoa de relevancia coa que se >>>>> conversará en tempo real. [www. vieiros.com 08/05/02] // Por parte da >>>>> Consellería de Educación procúrase comunicar a través de tódolos >>>>> medios audiovisuais o desenvolvemento e o contido da lei en contacto >>>>> directo con profesores e estudiantes e a través dos consellos sociais, >>>>> incluídos medios como este chat. [www.grupoelprogreso.com 08/05/02] >>>>> [1997-P] >>>>> >>>>> >>>>> chatear vi Comunicarse a través do chat. >>>>> >>>>> [PRENSA] “Desta maneira integra Neira Cruz os novos soportes da >>>>> información a esta historia, que conseguen un gran peso no relato ó >>>>> comunicarse >>>>> os protagonistas principais vía e-mail ou chateando, pero supeditado ó >>>>> contacto directo, xa que, ó final, xorde o amor entre os dous mozos.” >>>>> [OCG >>>>> 08/03/00] // Un dos andares é un ciber, cun conxunto de terminais para >>>>> acceder a interesantes fontes, chatear, participar en foros,... O >>>>> outro andar é unha ludoteca con variadas ofertas para grupos de >>>>> xogadores, xogos en solitario, información sobre xogos >>>>> alternativos,... [TN 01/03/00] // (...)controlar de temas >>>>> internáuticos ou mesmo chatear converteuse en tema de portada. [OCG >>>>> 26/12/98] >>>>> >>>>> [INTERNET] E sería en 1991, durante a guerra do Golfo cando o feito de >>>>> “Chatear” se converteu nunha útil ferramente para pór en contacto ós >>>>> soldados destinados na operación Tormenta do Deserto cos seus >>>>> familiares. [www.ulo.com 08/05/02] // ¿Como funciona o chat? ¿que >>>>> programas debemos instalar para chatear? O chat funciona a través do >>>>> navegador de páxinas web (o Netscape ou Explorer), polo que non >>>>> necesita instalar ningún programa máis.[www.aponte.org 08/05/02] // >>>>> Por exemplo, para chatear na rede hispana (en Galego, Euskera, Catalá >>>>> e Castelán, basicamente), deberás ligar a irc.irchispano.org. Non é >>>>> imprescindible, como é lóxico, poñe-lo nome e direccion de Correo >>>>> Electrónico verdadeiros, pero si que é necesario, algún dato. >>>>> [www.mirc.co.uk 08/05/02] >>>>> >>>>> >>>>> chateo sm Acción de comunicarse a través do chat. >>>>> >>>>> [PRENSA] Despois de todo a ama de casa segue sen entende-lo enredo de >>>>> opcións de microondas e o uso máis sofisticado do ordenador segue >>>>> sendo o navegar na web ou participar nos chateos. [OCG 25/01/00] // Un >>>>> chateo no que participaron os internautas, que se celebrou días >>>>> posteriores ó peche da iniciativa, no que o alquimista das letras, >>>>> defensor da inmediatez e da urxencia, concebiu outro relato máis, ipso >>>>> facto. [OCG 02/01/00] >>>>> >>>>> [INTERNET] A Macro Páxina de 4x4, onde moitos aficionados poñen as >>>>> suas páxinas. Tamén podes topar unha sección de consellos, coches >>>>> roubados, >>>>> chateo e moitísimas cousa máis.... Non ten perda!!!! [spi.4x4.nu >>>>> 08/05/02] // >>>>> ¿Coñeces o mIRC, o mellor programa de IRC/Chateo do mundo mundial? >>>>> Pois xa podemos empregalo en galego gracias ao script desenvolto por >>>>> RaMi (Rami Rodríguez Suárez); [www.galego21.org 08/05/02] // Non >>>>> estará per- >>>>> mitido o chateo xa que o uso fundamental será a busca de información >>>>> ou temas culturais. [www.dicoruna.es 08/05/02]. >>>>> [1999-P] >>>>> _______________________________________________ >>>>> Proxecto mailing list >>>>> [email protected] >>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

