A ver. Isto discutiuse nas Trasnadas. Os resultados das Trasnadas están publicados en http://trasno.net/content/resultados-das-trasnadas concretamente o ficheiro TBX con todos os acordos está en http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/glosario_trasnada11.1_so_recomendadas.tbx e podedes abrilo co voso navegador web e incluso gardalo, e tamén podedes buscar nel empregando directamente o navegador web xa que é texto plano e premendo Ctrl+F incluso aforrades algo de tempo. Perdoade a mala ostia.
Por favor, antes de volver preguntar na rolda mirade antes os resultados das Trasnadas. Pego aquí o acordado: «chat»=«conversa» «chat»=«conversar» «chat room»,«chatroom»=«sala de conversas» Deica 2012/3/20 Antón Méixome <[email protected]>: > Home, se funciona ben non vexo présa ningunha. Creo que te refires a > "Conversas". > > Eu aínda vería mal poñer "chateos" aínda que nos refiramos "ao que > fixemos no chat" . Valeríame "chats" (que é un pouco ambigüo porque > tanto vale para a ferramenta como para o contido deitado nela) pero > prefiro "conversas" porque tamén tes "Redactar mensaxe" cando se > aplica concretamente a crear un correo novo. Quero dicir... o applet > non é moi coherente en si mesmo pero para min ese grupo asocia > "accións ou resultados de accións" e non obxectos, aplicativos ou > cousas. O ideal sería que se chamase "Mensaxaría" pero é moito ir alén > do orixinal inglés. > > Non sei > > > El día 19 de marzo de 2012 21:56, Fran Dieguez <[email protected]> escribió: >> Boa argumentación e mostra de exemplos. >> >> Entón que facemos? Loxicamente eu para GNOME 3.4 non vou cambiar todo >> porque a súa publicación é inminente e non querería probalo antes. >> Pero para GNOME 3.6 comezaríase a cambiar? >> >> Fran Diéguez >> http://www.mabishu.com >> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 >> >> On Lun 19 Mar 2012 18:39:58 CET, Antón Méixome wrote: >>> Ía eu dicir que non había problema maior con usar «chat» directamente. >>> >>> Ás túas preguntas, propoño >>> >>> Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat >>> Chat network - Rede de chat (ou Provedor/Servidor de chat) >>> Please choose the network of your chat account - Escolla a >>> rede/provedor/servidor da súa conta de chat >>> You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de >>> chat >>> Let &brandShortName; guide you through the process of setting up your >>> chat account - Permitir que o &brandShortName; o guíe no proceso de >>> configurar a súa conta de chat. >>> >>> %S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chatear, >>> dialogar, conversar, falar) >>> >>> Conversations - Conversacións (conversas, diálogos) >>> Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse >>> aquí (CORRIXIR ACENTO: mostraranse) + (Amosaranse aquí as conversas, >>> diálogos) >>> >>> Join chat - Entrar no chat >>> Room - Sala >>> Auto-join this Chat Room - Entra automaticamente nesta sala de chat >>> >>> >>> O que me resulta rechamantísimo é o que dis de que non teñamos >>> discutido ou acordado nada neste campo. Eu recordo debates pero xa non >>> sei onde eran (igual foi nas listas de Mancomun, que non hai que >>> esquecer, porque foron moi produtivas). >>> >>> Máis rechamante aínda. Resulta que Trasno, como grupo estreouse coa >>> tradución dun programa deste tipo. Creo que foi X-Chat de Gnome. >>> >>> En todo caso, hai que considerar o que se leva facendo, e non só nós >>> traducindo senón o uso social das palabras e fórmulas (cando son >>> lexítimas, xustificables e non interferencias). Sumamos a aquelas >>> antigas solucións: chat, conversa outras como mensaxaría (MI) ou >>> diálogo pero para min non é o mesmo unhas que outras porque non cubren >>> o mesmo campo. >>> >>> En breve. Conversa, diálogo son moi xenéricas (valen pero como >>> sinónimos "hiperónimos", como sinónimos son mazá e froita), >>> mensaxaría instantánea xa é máis concreto, porque é un medio de >>> conversa a través dun aplicativo específico (de web, nube, móbil ou de >>> escritorio) pero non tanto como "chat" que entendo se refire sobre >>> todo a diálogo mediante texto (sen multimedia). O que os une a todos é >>> ser un medio interactivo de comunicación pero son toda unha familia de >>> conceptos. >>> >>> Desde o punto de vista do galego, chat é un neoloxismo, seguramente >>> necesario. O feito de que tamén en inglés existan varias palabras que >>> non son exactamente sinónimas (chat, conversation, IM, chatroom, etc) >>> é un indicio, e un argumento para nós porque as necesidades dunha >>> tradución precisa vannos levar á confusión se só utilizamos unha. Non >>> creo que o francés e outros idiomas non se adapten tamén a esta >>> realidade. >>> >>> Finalmente pero non menos importante quero traervos aquí documentación >>> filolóxica en galego sobre o tema. O Observatorio de Neoloxía da Uvigo >>> (http://neoloxia.uvigo.es/neo/) publicou no 2004 un Diccionario de >>> novas palabras (396 páx.), que recolle entre 1997-2004 nada menos que >>> 1160 entradas. Ese dicionario non só recolle senón que escolma, >>> documenta, define e valora todos eses neoloxismos a un paso de >>> converterse en palabras do acervo común do galego actual. >>> >>> Aquí están: >>> >>> chat sm Espazo virtual no cal se pode manter comunicación interactiva >>> dentro de Internet. >>> >>> [PRENSA] Abrirase unha páxina en Terra e realizarase un chat coloquio >>> que lles permitirá ós internautas propoñer temas e cuestións que se >>> irán >>> presentando. [OCG 17/03/00] // A partir de “Emilio Algalia” co que >>> Leis entrou nun chat (servidor de diálogo) >>> para deixa-la súa dirección en Internet. >>> >>> [OCG 05/12/98] // Termos como e-mail ou chat van pasar ó primeiro >>> termo da realidade cotiá. [OCG 26/12/98] >>> >>> [INTERNET] No chat de Vieiros os temas serán desenvolvidos previamente >>> nun web e logo presentarase a unha persoa de relevancia coa que se >>> conversará en tempo real. [www. vieiros.com 08/05/02] // Por parte da >>> Consellería de Educación procúrase comunicar a través de tódolos >>> medios audiovisuais o desenvolvemento e o contido da lei en contacto >>> directo con profesores e estudiantes e a través dos consellos sociais, >>> incluídos medios como este chat. [www.grupoelprogreso.com 08/05/02] >>> [1997-P] >>> >>> >>> chatear vi Comunicarse a través do chat. >>> >>> [PRENSA] “Desta maneira integra Neira Cruz os novos soportes da >>> información a esta historia, que conseguen un gran peso no relato ó >>> comunicarse >>> os protagonistas principais vía e-mail ou chateando, pero supeditado ó >>> contacto directo, xa que, ó final, xorde o amor entre os dous mozos.” >>> [OCG >>> 08/03/00] // Un dos andares é un ciber, cun conxunto de terminais para >>> acceder a interesantes fontes, chatear, participar en foros,... O >>> outro andar é unha ludoteca con variadas ofertas para grupos de >>> xogadores, xogos en solitario, información sobre xogos >>> alternativos,... [TN 01/03/00] // (...)controlar de temas >>> internáuticos ou mesmo chatear converteuse en tema de portada. [OCG >>> 26/12/98] >>> >>> [INTERNET] E sería en 1991, durante a guerra do Golfo cando o feito de >>> “Chatear” se converteu nunha útil ferramente para pór en contacto ós >>> soldados destinados na operación Tormenta do Deserto cos seus >>> familiares. [www.ulo.com 08/05/02] // ¿Como funciona o chat? ¿que >>> programas debemos instalar para chatear? O chat funciona a través do >>> navegador de páxinas web (o Netscape ou Explorer), polo que non >>> necesita instalar ningún programa máis.[www.aponte.org 08/05/02] // >>> Por exemplo, para chatear na rede hispana (en Galego, Euskera, Catalá >>> e Castelán, basicamente), deberás ligar a irc.irchispano.org. Non é >>> imprescindible, como é lóxico, poñe-lo nome e direccion de Correo >>> Electrónico verdadeiros, pero si que é necesario, algún dato. >>> [www.mirc.co.uk 08/05/02] >>> >>> >>> chateo sm Acción de comunicarse a través do chat. >>> >>> [PRENSA] Despois de todo a ama de casa segue sen entende-lo enredo de >>> opcións de microondas e o uso máis sofisticado do ordenador segue >>> sendo o navegar na web ou participar nos chateos. [OCG 25/01/00] // Un >>> chateo no que participaron os internautas, que se celebrou días >>> posteriores ó peche da iniciativa, no que o alquimista das letras, >>> defensor da inmediatez e da urxencia, concebiu outro relato máis, ipso >>> facto. [OCG 02/01/00] >>> >>> [INTERNET] A Macro Páxina de 4x4, onde moitos aficionados poñen as >>> suas páxinas. Tamén podes topar unha sección de consellos, coches >>> roubados, >>> chateo e moitísimas cousa máis.... Non ten perda!!!! [spi.4x4.nu 08/05/02] >>> // >>> ¿Coñeces o mIRC, o mellor programa de IRC/Chateo do mundo mundial? >>> Pois xa podemos empregalo en galego gracias ao script desenvolto por >>> RaMi (Rami Rodríguez Suárez); [www.galego21.org 08/05/02] // Non >>> estará per- >>> mitido o chateo xa que o uso fundamental será a busca de información >>> ou temas culturais. [www.dicoruna.es 08/05/02]. >>> [1999-P] >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

