Cando no traballo facemos algo así na fotocopiadora, dicimos que
facemos copias polas dúas caras, así que eu voto por "polas dúas
caras".

E ao cacharro que se lle pón por detrais ás impresorar chamámoslle "duplexador"

El día 25 de abril de 2012 14:06, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribió:
> Creo que non temos falado disto. Que facemos?
>
> en. double-sided, dúplex printing
>
> es. a doble cara, dúplex
>
> fr. recto-verso, dúplex
>
> pt. en dúas faces
>
>
> gl. ?
>
> a dobre cara (un claro préstamo do español)
> a dúas caras
> a/en dúas faces
> dúplex
>
> No DRAG aínda que recolle "cara" con acepcións que poderíamos utilizar
> sen problema, tamén recolle e, máis especificamente, "face"
>
> face
>
> 2. Superficie dunha moeda ou medalla onde vai representada unha
> efixie. Na face aparecen as figuras da raíña e do rei. sin. anverso ,
> cara . ant. cruz, dorso , reverso . 3. A cara principal dun tecido,
> papel, folla etc., oposta á posterior. É ben bonita a face desta tea.
> sin. dereito . ant. revés . Cubra os datos que aparecen na face do
> cartón. sin. anverso . ant. dorso , reverso . A face de certas follas
> é brillante. ant. dorso , envés .
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a