Eu collería
"polas dúas caras" (esta é moi clara)
ou
"dúplex"


En 25/04/2012 15:55, mvillarino escribiu:
Cando no traballo facemos algo así na fotocopiadora, dicimos que
facemos copias polas dúas caras, así que eu voto por "polas dúas
caras".

E ao cacharro que se lle pón por detrais ás impresorar chamámoslle "duplexador"

El día 25 de abril de 2012 14:06, Antón Méixome<cert...@certima.net>  escribió:
Creo que non temos falado disto. Que facemos?

en. double-sided, dúplex printing

es. a doble cara, dúplex

fr. recto-verso, dúplex

pt. en dúas faces


gl. ?

a dobre cara (un claro préstamo do español)
a dúas caras
a/en dúas faces
dúplex

No DRAG aínda que recolle "cara" con acepcións que poderíamos utilizar
sen problema, tamén recolle e, máis especificamente, "face"

face

2. Superficie dunha moeda ou medalla onde vai representada unha
efixie. Na face aparecen as figuras da raíña e do rei. sin. anverso ,
cara . ant. cruz, dorso , reverso . 3. A cara principal dun tecido,
papel, folla etc., oposta á posterior. É ben bonita a face desta tea.
sin. dereito . ant. revés . Cubra os datos que aparecen na face do
cartón. sin. anverso . ant. dorso , reverso . A face de certas follas
é brillante. ant. dorso , envés .
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a