Creo que deberíamos ir acelerando os temas de difusión, xa que en dúas semanas é o evento de presentación e en tres o da comunidade. Creo que deberíamos rematar os preparativos esta semana. Paso a comentar os puntos do wiki:
- Redactar e publicar a nova en trasno.net Algún voluntario para a redacción? Se non ten que ser moi distinta tas novas de edicións pasadas, podo facerme cargo eu. As seguintes tarefas dependen desta: - Difusión nas redes sociais. - Difusión a xornais. - Difundir entre as asociacións culturais da zona. Quen se pode encargar disto? Branco? Leandro? - Deseño da cartelería e difusión. A min gústame o deseño do wiki[1], hai algunha outra proposta? Cantos farán falla? Relacionado con isto último, voluntarios para repartir carteis? - Universidades. - Asocaicións culturais e centros sociais - LUGs. - Báner da Trasnada. Propoño que substituamos a imaxe do rapaz en trasno.net polo báner[2] dende xa mesmo ata o día 27. Gustaríame aproveitar para suxerir que se cambie o tamaño do báner estándar, creo que as dimensións do báner da Trasnada 12.0 sería ideal. De todos xeitos, isto non corre présa. - Solicitar CDs de Ubuntu para repartir. Vaise facer? - Trípticos de Trasno. O 26 podemos levar os de Vigo os que hai en Tegnix ou parte. Abondarán os que hai en Coruña para o 18? Se non, algún voluntario para baixar a collelos? - Web específica para o evento Eu non o vexo necesario, e non sei se pagará a pena o esforzo. Algunha opinión distinta? --- [1] http://wiki.trasno.net/images/0/08/Acruña.png [2] http://wiki.trasno.net/images/3/3f/Banner_acruña.png _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

