Ola.

Ten moi boa pinta. E a colación, contarvos aínda que serxa off-topic,
pero é interesante para o grupo, que me chegou un contacto desde
Igaciencia, para participar no congreso que organizarán este mes de
xullo, en Lugo, sobre o software libre na ciencia.
http://www.igaciencia.eu/drupal7/

Dinlles datos de contacto de varias persoas, e tamén de Trasno. A idea
é dar unha conferencia sobre a tradución de Software Libre ao galego.
En principio iría eu con algunha outra persoa de Trasno e sería algo
similar ao título da conferencia que se vai dar no primeiro día da
Trasnada.

O contacto foi a través de mozilla, e falando con eles por correo
xurdiu o tema que acabo de comentar. En principio, se se deciden a
facelo, poríanse en contacto comigo, co presidente, tesoureiro,
secretario e bouzada. A miña idea foi darlle o contacto da directiva e
tamén de Bouzada, por se lles interesa falar do proxecto Minino.

Espero non meter o zoco co que fixen, xa que me pareceu acertado e
axeitado que Trasno estivera presente, se a organización lles parece
ben. Como espero ir a Trasnada, xa vos conto como xurdiu todo en
persoa.

Un saúdo.

2012/5/12 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> Estou a publicitar nas redes sociais o relatorio do primeiro día como: «Como
> e porqué se traduce swl ao galego?». Foi por buscar un abano que recollera
> todo o que nos pode suscitar relatar. Temos dispoñibles aí 1 ou 1,30h para
> un relatorio como queirades. Imos propoñendo como organizalo?.
>
> Primeira proposta. Facemos un fiadeiro aberto entre varios no que primeiro
> un (p.ex eu,  dea a benvida, explique o que é a localización e é que é
> trasno) e logo vaiamos abrindo outros fíos de interese?
>
>
> 2012/5/7 Xosé <xoseca...@gmail.com>
>>
>>
>>
>> 2012/5/7 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>>
>>>
>>>
>>> Espero estar dispoñíbel tanto para o 18, se fai falta como relator,
>>> como para o 26 para o que sexa necesario.
>>
>>
>> Podería estar dispoñíbel o 18, non como relator, pero non o 26.
>>
>>>
>>>
>>> Penso que máis que tratar sobre o contido e forma das guías convén
>>> reflexionar sobre a prioridade de cada cousa, tempo e persoas
>>> dispoñíbeis.
>>>
>>> - ordenación de recursos
>>>     - infraestrutura
>>>     - contidos e servizos
>>> - asembleas e trasnadas
>>> - actividades e colaboracións
>>> - guías.
>>>    Eu tamén creo que unha guía rápida de 10 folios, ben a podemos
>>> facer en liña.
>>>
>>
>> Estou de acordo. Precisamos organización.
>>
>>
>>
>>>
>>> A miña opinión neste momento é que é verdade que hai que ir comezando
>>> a darlle un xiro importante ao foco de actividades de Trasno cara ao
>>> social, pero temos aínda que darlle unha volta moi seria á
>>> terminoloxía e o estilo. Temos moitos termos importantes pendentes e
>>> un gran falta de firmeza ou claridade.
>>>
>>> Por iso é tan importante organizar e preparar ben o debate
>>> terminolóxico. Cómenos o tempo.
>>> Pola miña banda, ademais, está a necesidade de darlle dunha vez saída
>>> a unha nova versión do corrector
>>> hunspell e sacar adiante a guía do Writer, para cumprir co convenio.
>>>
>>> Aí para xullo, ofrezo a miña casa en Lalín (céntrica) e facervos unha
>>> churrascada como reunión de verán para todos os trasnegos e
>>> acompañantes. Vós poñedes a bebida.
>>
>>
>> Estupenda idea. Apúntome.
>>
>> Xosé
>>
>>>
>>>
>>> A casa ten a vantaxe de que apenas hai cobertura de teléfono e desde
>>> logo nada de Internet.
>>> :-)
>>>
>>> Saúdos,
>>>
>>> Antón
>>>
>>> > _______________________________________________
>>> > Proxecto mailing list
>>> > Proxecto@trasno.net
>>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a