Eu diría de irmos iniciando a discusión terminolóxica por correo electrónico para que non nos leve logo tanto tempo, e para que os que non vaian poder asistir expresen tamén a súa opinión.
Propoño discutir os termos da lista de 6 en 6, ir anotando as conclusións ás que cheguemos na lista de termos a discutir[1], e así o día 26 só termos que tomar unha decisión final ou facer pública aquela á que se chegase. Os primeiros 4 termos pon que xa se debatiron e so falta votar, pero no TBX das trasnadas aparecen así: - initialization → inicialización - initialize → inicializar - environment → entorno - application, app → aplicativo Cales son as alternativas, se as hai? Alguén que se opoña a que queden así? Os seguintes dous propúxoos Fran, e coido que debería ser el que comezase a súa discusión. - altofalante vs altoparlante Para esta xa me adianto: non sei de onde saíu o de «altoparlante», pero a única que contempla o DRAG é «altofalante». - computer → ordenador, computador (así aparece no TBX das trasnadas) --- [1] https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?authkey=CPG9uaIG _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

