2012/5/7 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>:
>> Creo que incluír a redacción dunha guía de estilo nesta Trasnada é un erro.
>
> Concordo.
>
>
>> Estou de acordo en que sería necesario redactar unha guía de estilo
>> actualizada e completa, pero creo que se podería organizar outra
>> reunión
>
> virtual
>
>> un mes despois desta trasnada para redactar o esqueleto da
>> guía e despois
>
> facer unha rolda de críticas.
>
>> ila completando entre todos utilizando Google Docs,
>> Dropbox ou algo semellante.
>
>> Ademais o máis probable é que de entrada
>> só faga falta que se reunan tres ou catro persoas para redactar a
>> primeira versión da guía que despois se podería ir retocando entre
>> todos.
>
> Ok
>
>
>> Así teriamos unha Trasnada na que se realizaría a asemblea de Trasno e
>> na que poderiamos falar de temas puntuais de organización, e despois
>> centrarse o resto do día na discusión de terminoloxía, que a estas
>> alturas creo que aínda segue sendo o tema máis importante no que
>> respecta á calidade e coherencia das traducións.
>
> Ademais, cargar a caixa tampouco é recomendabel. Quen moito aperta...


Espero estar dispoñíbel tanto para o 18, se fai falta como relator,
como para o 26 para o que sexa necesario.

Penso que máis que tratar sobre o contido e forma das guías convén
reflexionar sobre a prioridade de cada cousa, tempo e persoas
dispoñíbeis.

- ordenación de recursos
     - infraestrutura
     - contidos e servizos
- asembleas e trasnadas
- actividades e colaboracións
- guías.
    Eu tamén creo que unha guía rápida de 10 folios, ben a podemos
facer en liña.

A miña opinión neste momento é que é verdade que hai que ir comezando
a darlle un xiro importante ao foco de actividades de Trasno cara ao
social, pero temos aínda que darlle unha volta moi seria á
terminoloxía e o estilo. Temos moitos termos importantes pendentes e
un gran falta de firmeza ou claridade.

Por iso é tan importante organizar e preparar ben o debate
terminolóxico. Cómenos o tempo.
Pola miña banda, ademais, está a necesidade de darlle dunha vez saída
a unha nova versión do corrector
hunspell e sacar adiante a guía do Writer, para cumprir co convenio.

Aí para xullo, ofrezo a miña casa en Lalín (céntrica) e facervos unha
churrascada como reunión de verán para todos os trasnegos e
acompañantes. Vós poñedes a bebida.

A casa ten a vantaxe de que apenas hai cobertura de teléfono e desde
logo nada de Internet.
:-)

Saúdos,

Antón

> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a