Ola, quizais haxa xente que non estea moi de acordo, pero xa hai alguén que opina o mesmo ca min e por iso saco o tema antes de que se redacten as novas, e se peche o horario da Trasnada.
Creo que incluír a redacción dunha guía de estilo nesta Trasnada é un erro. Estou de acordo en que sería necesario redactar unha guía de estilo actualizada e completa, pero creo que se podería organizar outra reunión un mes despois desta trasnada para redactar o esqueleto da guía e despois ila completando entre todos utilizando Google Docs, Dropbox ou algo semellante. Ademais o máis probable é que de entrada só faga falta que se reunan tres ou catro persoas para redactar a primeira versión da guía que despois se podería ir retocando entre todos. Así teriamos unha Trasnada na que se realizaría a asemblea de Trasno e na que poderiamos falar de temas puntuais de organización, e despois centrarse o resto do día na discusión de terminoloxía, que a estas alturas creo que aínda segue sendo o tema máis importante no que respecta á calidade e coherencia das traducións. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

